Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria marchou á primeira hora da mañá á Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Planetario, o Acuario e a Torre de Hércules.
Aprendemos unha chea de cousas: que os dinosaurios non se extinguiron, experimentamos coa física sobre todo cos péndulos, co son, descubrimos o electromagnetismo. No acuario desfrutamos enormemente e descubrimos moitas cousas sobre as focas, os tiburóns, o ajolote, as anémonas, as sepias...