A Orde do 6 de maio de 2021 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2021/22.
Este curso só recibirán vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Educación Primaria.
O alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria terá que solicitar libros do fondo de libros.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibirá un ordenador do programa EDIXGAL.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES
O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
ORDES QUE REGULAN O PROCESO E DOCUMENTACIÓN
- Orde de solicitude de axuda para libros e material educativo.
- Impresos de solicitude das axudas; Anexo I e Anexo II) É o mesmo impreso para as tres axudas (Libros 1º e 2º, fondo libros e material escolar).
- Só se cumprimentará un impreso por familia para alumnado do noso centro.
- Documentación que acompañará á solicitude.
- Aplicación de Fondo de libros para a súa presentación en liña.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2021/22
No mes de xuño publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web, e por medio de Abalar Móbil, a data de publicación.
Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2021/22
Na primeira semana de xullo publicaremos a listaxe definitiva
Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2021/2022. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
Nos seguintes documentos poderedes descargar no seu momento a lista de libros para o curso 2021/2022.
Relación de libros de texto para o curso 2021/2022 en pdf.
- Relación de libros de texto e material de aula para o curso 2021/2022. (A partir do 15 de xuño)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instruccións libros de texto para as familias.pdf | 33.46 KB |
LIBROS DE TEXTO 2021_2022.pdf | 85.23 KB |