Skip to Content

blogue decris

Educación viaria

Onte as nenas e nenos de Educación Infantil desfrutaron coa actividade "Alavín Alaván, O tranvía da Educación Viaria" organizada polo Concello de Ourense.

Convertíronse en pequenos coches, peóns responsables e incluso policías.

Unha sesión moi interesante onde practicaron e aprenderon normas importantes para a súa vida diaria.

 

ENTROIDO 2024

Xa remata o Entroido e aquí deixamos un pequeno resumo do que aconteceu no CEIP Vistahermosa.

Grazas a todas e todos pola implicación.

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

O luns as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar do XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais ofertado polo CCP Xaquín Lourenzo e a Deputación de Ourense.

Unha actividade na que xa imos participando dende hai anos e que nunca defrauda.

Este ano practicaron con aros, zancos, peóns e outros xogos tradicionais da cultura galega.

TOCA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 6º de Primaria participou hoxe na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.

As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer hoxe e aprender máis sobre o seu traballo.

Tocade na imaxe para ampliar.

 

 

MENU FEBREIRO

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

DÍA DA PAZ

Onte conmemoramos no cole o Día da Paz:

- Decoración da entrada do cole con cubos de bos desexos e pombas da paz nun enorme e máxico mural

- Lectura dun manifesto por parte dos maiores do cole

- Os nenos e nenas de infantil limparon o centro de malas palabras e desexos feos, acompañados da canción "Varre vasoira" de Fillas de Cassandra.

- Interpretación do Himno da Alegría coas flautas. 

- Canción e acompañamento instrumental de "O mundo é grande" coa música de "O reloxo sincopado" de Leroy Anderson.

- Cancións e danzas grupais.

 

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para novo alumnado. 

Todos os MARTES de  FEBREIRO de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 17:00 (agás entroido)

 

Tamén podedes solicitar cita previa por teléfono ou co QR da imaxe.

 

ANIMÁDEVOS A COÑECERNOS!

 

(Tocade na imaxe para ampliar).

Galego Escolar de Cros

O pasado sábado 13 de xaneiro celebrouse o Campionato Galego de Cros Escolar no Circuíto A Veronza, en Ribadavia. Unha cita á que asisten as mellores marcas de Galicia, os clasificados das catro provincias, e o CEIP Vistahermosa estivo presente.

Laura González (5º de Primaria) sorprendeunos no Campionato Provincial ca súa impresionante marca que a fixo pasar directamente á fase Galega. Como non podía ser doutra maneira, neste caso, tamén fixo unha carreira estupenda, estando ao nivel das mellores corredoras galegas que adestran nos diferentes clubes da comunidade.

Noraboa Laura!!!

E moitas grazas á familia polo voso tempo e implicación.

MENÚ XANEIRO

TOCA NA IMAXE PARA AMPLIAR

Distribuir contido


by Dr. Radut