Skip to Content

blogue decris

UNHA AVENTURA XIGANTE

Por mor do CERTAME INTERNACIONAL DE CINEMA ESCOLAR- OUFF ESCOLA, o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º puido disfrutar hoxe da proxección do filme "UNHA AVENTURA XIGANTE"

Unha estupenda mañá de bo cine infantil grazas á invitación e organización do Concello de Ourense.

XORNADA DE XADREZ

O martes 3 de outubro todo o alumnado de primaria desfrutou dunha xornada de iniciación ao xadrez. Explicacións, xogo, dinámicas.. unha actividade moi completa e entretida.

Agradecer ao Club Xadrez Lethes esta visita.

  

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

GRADUACIÓNS

E por aquí un recordo para as nosas graduadas e graduados

 

Podedes ver as fotos accedendo á GALERÍA

Excursión final de curso 6º

O alumnado de 6º de Primaria non podía quedar sen saída de fin de etapa. Tres días no camping "Os Fieitás" onde disfrutaron de excursións ao monte, parque multiaventura, xogos na praia, intermareal, kayak, veladas nocturnas...

Xornadas de convivencia entre rapaces e rapazas que levan toda a vida xuntos. Unha experiencia inolvidable.

Preme na imaxe para acceder á galería

CASA DO PATRÓN 1º E 2º

E tamén as nenas e nenos de 1º e 2º marcharon a Lalín, á Casa do Patrón, onde visitaron o museo, fixeron papel, elaboraron queixo, comeron todos xuntos e xogaron un motón.

Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe.

Premede na imaxe para ver máis

 

SAÍDA TRENCIÑO EI

Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil marcharon de viaxe no Trenciño.

Subiron na estación da Praza Maior chegando á estación de Outariz.

Alí disfrutaron do entorno natural, fixeron taller de maquillaxe, construíron cabanas con paus, pedras....buscaron o tesouro, pasearon a carón do río, etc.

Premede na imaxe para ver máis.

 

SAÍDA "ACOUGO" 4º

Hoxe as nenas e nenos de 4º de Primaria marcharon a Villamarín, ao centro de ocio na natureza "Acougo".

Foron moitas as actividades realizadas:  tiráronse pola tirolina, construíron cabañas, pasearon en barca por un lago cun "crocodilo", alimentaron e viron animais, comeron todos xuntos, disfrutaron de divertidos xogos...

Unha xornada de convivencia inolvidable.

Premede na imaxe para ver máis

 

Visita da Policía

Hoxe visitou o cole unha patrulla da Policía Nacional co seu furgón.

O alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º puido charlar con eles, subir ao furgón, facer soar a serea,  poñer a gorra, manipular a porra, etc. 

Unha mañá moi entretida.

Premede na imaxe para ver máis

Saída Parque Náutico Castrelo de Miño

Hoxe as nenas e nenos de 5º de Primaria experimentaron diversas actividades acuáticas no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Paseo en veleiro, kayak, paddle surf, pedaletas e moitos chapuzóns. Unha mañá moi divertida da que viñemos encantados e agotados!!!

Premede na imaxe para ver máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut