Foi unha semana de celebración. De luns a xoves cumprimos cos mandados do meco. Como este ano estamos traballando no centro o proxecto documental integrado "Viaxamos ás Illas Británicas", todas as ordes ían dirixidas a converternos en verdadeiros/as turistas e viaxeiros/as do mundo.
O venres, 1 de marzo, celebramos o desfile e baile de disfraces. Cada clase escolleu un conto e/ou novela da literatura inglesa ou personaxes británicos con relevancia na historia.
Personaxes de contos como Peter Pan, O Grúfalo, As viaxes de Gulliver, Robinson Crusoe, personaxes das novelas de Roald Dahl, Alicia no País das Marabillas, A Illa do Tesouro, Mary Poppins... Incluso houbo un grupo de rapaces e rapazas que inspirados trala lectura do libro de Iria Misa, "Mamá quero ser Ziggy Stardust", se decantaron por este personaxe creado por David Bowie.
Seguide disfrutando do Entroido!