Skip to Content

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º NO IES O COUTO

salial

Información Xeral

Reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria no IES O COUTO (centro adscrito). 
 
 
O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. 
 
- Pódese cumprimentar a solicitude a través da aplicación admisiónalumnado RESERVA DE PRAZA ON-LINE:  Solicitude>Reserva>Crea. Imprimidea e entregádea asinada no centro tamén se pode presentar por Sede Electrónica.  
 
- IMPRESO EN PAPEL: cubrir a solicitude a man e entregala asinada no centro (na secretaría ou ao titor).
 
O impreso de reserva de praza deberá estar asinado por calquera das persoas proxenitoras ou acolledoras do alumno/a e deberá contar co consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo I-bis.
 
Se non desexa que a súa filla/o continúe os seus estudos no IES O COUTO, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión, no centro da súa preferencia do 1 ao 20 de marzo.
 
A non reserva de praza neste período causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.
 
A reserva adquirirá caracter vinculante e será incompatible coa presentación de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
 
 


page | by Dr. Radut