Xa temos todo listo (ou case todo) para celebrar o Festival de Inverno que terá lugar o próximo venres día 21 de decembro ás 11 da mañá.
Será un día cargado de emoción, ledicia e ilusión que nos gustaría que gozarades con todos nós.
O programa é o seguinte:
Parabéns aos rapaces e rapazas polo esforzo: foron unhas semanas cheas de exames, traballos e ensaios; agradecemento aos mestres pola flexibilidade e a dedicación e a Mar, Belén e Alex pola súa colaboración.
O centro tinguiuse de negro en contra da violencia:cantamos, lemos poemas, haikus, rapeamos e ata creamos unha receita do benquerera favor da igualdade, da liberdade e en contra dos estereotipos e de calquera tipo de violencia. Entre actuación e actuación cantamos en galego e con lingua de signos o retrouso da canción "A porta violeta" de Rozalén.
O acto rematou coa lectura do poema "Fortuna" de Ida Vitale (premio Cervantes 2018)
Vaia festa do Magostocelebramos no cole! Foi unha mañá de xogos, bo rollo, música e por suposto non podían faltar os bolos preñados e as castañas asadas.
Sabela e Rosa, coordinadora de AAEE e profe de EF, organizaron unha divertida mañá de xogos: carreiras de sacos, o pano, a ra, levar a castaña correndo ou cun pao de hockey, os zancos, xogos de corda e os birlos. Distribuíron aos rapaces e aos mestres do cole en 9 equipos ou estacións nos que había nenos/as de todos os cursos. Xogabamos durante 5 minutos a cada xogo e iamos rotando á seguinte estación. O obxectivo era pasalo ben colaborando e cooperando cos compañeiros/as e gozar a tope deste día de festa.
As cabazas ou calacús iluminaron a nosa festa dos mortos. Cada cabaza contaba cunha lenda na que aparecían escritas mensaxes e cantigas terroríficas.
Celebramos o fin de ano celta como manda a tradición: Os celtas colocaban na encrucillada dos camiños caveiras iluminadas para guiar aos seus mortos, xa que nesa noite (do 31 de outubro para o un de novembro) volvían ás súas casas para visitar aos familiares que quedaban. As cabazas talladas con forma de caras, son unha representación daquelas caveiras.
Os rapaces demostraron as súas dotes literarias e escribiron relatos de medo participando no concurso organizado pola biblioteca escolar. Esta é unha mostra dos relatos gañadores.
Resultaron gañadores: Luís, Ausberto e Delia de 4º e Laura, Izan e Uxía Lois de 5º. Houbo premios para todos os relatos participantes.
Lisa no Samaín, é unha actividade que forma parte do proxecto Viaxamos a Italia. O eixe central deste traballo interdisciplinar en plástica, foi dar a coñecer un dos grandes xenios da historia: Leonardo da Vincina súa faceta de pintor, escultor e inventor.
PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE CENTRO: Viaxamos á Italia
Italia é a primeira viaxe do curso. Na clase de música disfrutamos moito con este proxecto e aproveitamos para aprender esta canción-xogo popular italiana. Hai que estar en forma para bailala!, este reto non foi nada para as nenas e nenos de 2º.
Ciao Belinda, está cantada en italiano e galego polas rapazas e rapaces de 5º EP.
Comezamos o proxecto traballando coas proporcións do rostro e do corpo. Foi así como demos co estudo das "Proporcións ideais do corpo humano ou O Home de Vitruvio" de Leonardo da Vinci.
Da Vinci, baseouse nun texto do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion (s. I a. C.), onde se mencionan diversas proporcións presentes no corpo humano. No debuxo, Leonardo represéntase a si mesmo espido e en dúas posicións sobre impresas de brazos e pernas, inscrito nun círculo e nun cadrado. O debuxo tamén é considerado símbolo da simetría básica do corpo humano.
Estas son algunhas das notas de Leonardo da Vinci que determinan as proporcións do seu corpo:
"Unha palma é a anchura de catro dedos.
Un pé é a anchura de catro palmas.
Un antebrazo é a anchura de seis palmas.
A altura dun home son catro antebrazos (24 palmas).
A lonxitude dos brazos estendidos dun home é igual á súa altura.
A altura da cabeza ata o final das costelas é un cuarto da altura.
A anchura máxima dos ombreiros é un cuarto da altura.
A distancia do cóbado ao extremo da man é un quinto da altura.
A lonxitude da man é un décimo da altura".
Nós fixemos este debuxo en 5º e 6º. Os voluntarios foron Laura e Iván. Repasamos o seu contorno nas dúas posicións e inscribímolos no cadrado e no círculo.
A semana da programación da Unión EuropeaCODEWEEK.EU celébrase do 16 ao 21 de outubro de 2018, pero este ano a Comisión Europea extendeu a posibilidade de participar ata o mes de decembro.
Está patrocinada polo Ministerio e a Unión Europea co obxectivo de achegar a programación e o alfabetismo dixital de forma divertida.
Por todo isto nos animamos a crear un evento no noso cole.