Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Comeza o proceso para a renovación parcial de membros do CONSELLO ESCOLAR do centro. 

 

Fase previa comarcal de cros

O pasado martes e mércores celebrouse a Fase Previa Comarcal de Cros no complexo deportivo de Monterrei.

Unhas xornadas estupendas nas que xa vimos participando dende hai anos, onde, ademáis de coñecer e practicar unha nova modalidade deportiva, tamén se fomenta o traballo en equipo, os valores positivos cara a competición, a xestión da frustración e a convivencia cos deportistas de moitos outros centros educativos.

A meteoroloxía acompañou e a actitude, esforzo e comportamento do noso alumnado foi espectacular.

Noraboa a todos e todas as participantes

Este sábado asistiremos á Fase Final Comarcal con 5 participantes.

TOCA AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

CARREIRA DE SAN MARTIÑO

O domingo desenvolveuse en Ourense a XLVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, e,  como non, o CEIP Vistahermosa estivo presente con 53 valientes que pese as inclemencias metereolóxicas participaron en dito evento.

Este ano nas categorías escolares de Infantil e Primaria premiábase a participación. Hoxe procedemos á entrega de medallas.

Noraboa a todos e todas!!! 

 

MAGOSTO 2024

O venres celebramos o magosto no CEIP Vistahermosa.

A media mañá todo o alumnado participou nun circuito de xogos populares (pano, paracaídas, sacos, sogatira, pato-ganso, encesta castaña, comba, zancos, chave e bolos). Para elo formáronse nove equipos de diferentes cores compostos por nenos e nenas de todos os cursos. Unha experiencia moi bonita na que os maiores afrontan responsabilidades e os máis pequenos fan novas amizades.

Por suposto, ao rematar a xornada degustamos uns sabrosos bolos preñados e unhas riquísimas castañas.

Moitas grazas a todas e todos pola colaboración.

Deixamos aquí un pequeno resumo en imaxes.

Axuda afectados pola Dana

A axuda recollida durante toda esta semana nas instalacións do colexio xa vai camiño da zona 0. Unha vez alí entregarase directamente a unha das asociacións de veciños de Paiporta, unha das poboacións da comunidade valenciana máis afectadas pola Dana.

En nome do CEIP Vistahermosa e do Club Balonmán Pavillón, moitísimas gracias a todas e a todos polas mostras de solidariedade recibidas ao longo destes días.

GRACIAS!

 

 

 

Campaña electoral e eleccións EEUU

A temática do PLAMBE deste ano é  "PEQUEMUNDI" na que cada curso escolleu unha cultura (país ou continente) co que traballar.

6º de Primaria decidiuse por traballar e descubrir EEUU. Por este motivo o pasado 5 e novembro celebráronse as eleccións, previa campaña electoral a 4º e 5º de Primaria.

Unha actividade moi divertida na que traballaron os diferentes organismos, procedemetos electorais, linguaxe oral e escrita, recontos e porcentaxes, expresión corporal, caracterización, debates....e lle brindaron aos outros cursos a posibilidade de entender este proceso a través da práctica.

Pica na imaxe para ver máis

AXUDA AFECTADOS POLA DANA

 

Estimadas familias:

O CEIP Vistahermosa en colaboración co Club Balonmán Pavillón quere poñer o seu gran de area e axudar na medida do posible aos afectados pola Dana. 

Dende mañá martes, día 5 de novembro, e ata o xoves 7, o noso centro actuará como centro de recollida de material de primeira necesidade que faremos chegar posteriormente á zona afectada. 

Se desexan colaborar poden achegarse polo colexio e deixar, entre outros:

Mantas, sabas, toallas, auga, comida non perecedeira, "potitos" para bebés, cueiros, toallitas hixiénicas, productos de limpeza, xoguetes, comida de animais, etc... 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

MENÚ NOVEMBRO

Garavanciño come saniño

Este luns, 4 de novembro tocoulle ao alumnado de 1º recibir a visita das nutricionistas do centro de saúde para desenvolver o obradoiro "Garavanciño come saniño". Faláronlle sobre a importancia dos bos hábitos, da comida variada e saudable.

SAMAÍN

Hoxe desfrutamos do Samaín no cole cos obradoiros de pintauñas horripilantes, tatuaxes monstruosas, maquillaxe espeluznante e manualidades terroríficas. Tamén nos deu tempo de fotiños para o recordo, desfile e baile. E non esquezamos a impresionante exposición de cabazas e os debuxos e historias para o caderno deste Samaín.

Moitas grazas a todos e todas polo voso traballo e colaboración.

Deixamos unhas fotiños. 

Tocade  na imaxe de abaixo para ver máis

 

Distribuir contido


by Dr. Radut