Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de tres membros da Fundación ENKI para levar a cabo a primeira das XORNADAS DE DEPORTE E INCLUSIÓN.

Neste caso tratouse dunha charla con deportistas con diversidade funcional para dar a coñecer o deporte adaptado e inclusivo e a súa traxectoria deportiva e persoal respondendo a todas as dúbidas e curiosidades das nenas e nenos.

O vindeiro 11 de marzo asistiremos ao encontro provincial na Expourense, onde practicarán diferentes modalidades de deporte adaptado.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

MENÚ MARZO

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

MUSICANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA

Non hai mellor xeito de celebrar que cantando. O alumnado de 5º e 6º versiona poemas de Rosalía dun xeito moi creativo. Queres escoitalos? Estes son os poemas e as músicas empregadas:

Lugar máis fermoso: Doraemon

Alborada e Adiós ríos e adiós fontes: Bases de Rap

Nacín cando as plantas nacen: Lola Índigo (Casanova)

Acompañan as cancións con instrumentos construídos con diferente material de refugallo.Musicando a Rosalia

Musicando poemas de Rosalía de Castro de salial

Ademais desta realizáronse moitísimas máis actividades conmemorando este día:

- Elaboración de murais co retrato de Rosalía

- Visita do alumnado de 6º por todas as aulas para falarlles sobre os aspectos máis importantes da vida e obra de Rosalía de Castro.

- Fabricación de minilibros sobre a autora.

- Creación de preciosos marcapáxinas.

TOCA NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

 

XOGANDO CO ATLETISMO 2º

Hoxe tocoulle aos nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutar das impresionantes instalacións da Pista Cuberta de Atletismo de Ourense, situada na Expourense.

Actividade promovida polo Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e enmarcada no Programa Xogade.

As nosas e os nosos atletas practicaron varias probas: saltos, velocidade, lanzamentos, remudas, circuito de Grand Prix... Todo elo acompañados de outros moitos colexios da cidade que tamén participaron na xornada.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR


   

Charlas Educación Civico Tributaria

Onte recibimos a visita do persoal da Axencia Estatal da Administración Tributaria que impartiu unha pequena charla sobre o que son os impostos e para que serven. Todo adaptado ao nivel das nenas e nenos e ambientado nun conto.

Consistiu nunha sesión de educación cívico tributaria na que puido participar o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.

 

Educación viaria

Onte as nenas e nenos de Educación Infantil desfrutaron coa actividade "Alavín Alaván, O tranvía da Educación Viaria" organizada polo Concello de Ourense.

Convertíronse en pequenos coches, peóns responsables e incluso policías.

Unha sesión moi interesante onde practicaron e aprenderon normas importantes para a súa vida diaria.

 

ENTROIDO 2024

Xa remata o Entroido e aquí deixamos un pequeno resumo do que aconteceu no CEIP Vistahermosa.

Grazas a todas e todos pola implicación.

COMPUTANDO CUNHA SOA MAN

#11F día da Muller e a Nena na ciencia

Como contan os ordenadores? O alumnado de 4º 
realizou o obradoiro "Computando cunha soa man".

Computando cunha soa man de salial

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

FLUÍDOS NON NEWTONIANOS

#11F Día da Muller e a nena na ciencia

A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano que pode variar a súa viscosidade en función
da velocidade coa que a ra retrae a lingua.
As areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... son algúns exemplos de
líquidos non newtonianos que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da
presión que lle apliquemos.
OBRADOIRO de Física Divertida: Viscosidade de Fluídos

Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC  nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos os  vídeos compartidos pola USC e realizamos varios obradoiros. 

11 F día Nena na Ciencia de salial

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

O luns as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar do XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais ofertado polo CCP Xaquín Lourenzo e a Deputación de Ourense.

Unha actividade na que xa imos participando dende hai anos e que nunca defrauda.

Este ano practicaron con aros, zancos, peóns e outros xogos tradicionais da cultura galega.

TOCA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut