Os alumnos/as e mestres de 3º, 4º, 5º e 6º de EP desfrutamos dun contacontos "Alma y la Isla", ofrecido pola editorial misioneira e a editorial Anaya para a clase de Relixión católica.
"Alma y la isla" é un libro de Mónica Rodríguez con Ilustracións de Ester García. Resultou gañador do XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2016; White Ravens, 2016 e Finalista del Premio Fundación Cuatrogatos, 2017.
Este conto fomenta valores moi importantes como son a educación para a convivencia e a educación multirracial, a amizade, o amor, a lealdade e a xenerosidade entre outros.
Pica na foto para ver algúns momentos da narración.