Celebramos o día Escolar da Paz e da Non Violencia con orixinais e divertidas actividades que fomos desenvolvendo ao longo destas semanas.
- Deseño e elaboración colaborativa dun mural con palabras máxicas para decorar o centro.
- Movamos o mundo. Inspirámonos nunha das cancións máis coñecidas de Queen, "We will rock you", para reescribir o noso himno pacifista e interprétamolo ao unísono todo o centro (Proxecto viaxamos ás Illas Británicas)
- Decoramos os chanzos das escaleiras cos versos do poema "O Reino" do libro "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro .
Palabras máxicas para abrazar a paz by Slidely Photo Gallery
- Recibimos mensaxes en botellas mentres cantabamos "Message in a bottle" The Police.
- Regalamos lecturas: contos, cantigas e poemas que levaron ás clases mensaxes de paz, de respecto aos dereitos humanos, de tolerancia, colaboración e convivencia.