#TempoDeActuar COP25
CEIP Vistahermosa, Decembro de 2019
Estes son os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.
-Regala agasallos que non sexan destrutivos para o planeta: Invitacións para ir ao cine, a dar un paseo ou a coñecer o teu pobo; un vale por un abrazo, para unha clase de algo ou unha tarde de amig@s.
-Compra produtos locais: artesanía creativa, cousas feitas con amor. Se o fas ti mesma/o, terá máis valor. En envoltorios ecolóxicos, sen bolsas!
Propoñer ás/aos dirixentes do concello as seguintes accións para encarar a emerxencia climática que con leva a degradación ambiental, a perda de Biodiversidade, maiores desigualdades: pobreza enerxética, fame, escaseza de auga... Na nosa cidade poderíase:
- Restrinxir a circulación de automóbiles na cidade, creando zonas de aparcamentos ás entradas e contando con boa comunicación de transportes públicos.
- Aproveitar a enerxía xeotérmica das augas termais para o uso de calefacción das escolas da zona, entre as que nos atoparíamos nós.
- Manter limpos os montes, aproveitando os residuos forestais como combustible, biomasa, para a calefacción de moitos fogares. Os beneficios ambientais e sociais serían moitos: reduciríase a contaminación por transporte de combustible, evitaríanse incendios e crearíase emprego.
- Por máquinas que recollan envases a cambio de diñeiro.
- Re utilizar as augas grises que proveñen dos fogares e da chuvia para limpar as rúas, regar e incluso para reusar directamente nos váteres.
- Repoboar os bosques queimados con especies autóctonas coma o carballo, a sobreira e o castiñeiro, protexéndoos de especies invasoras que os danan.
- Promover a colocación de paneis solares nas vivendas.
Acordamos remitir unha carta ao alcalde coas nosas propostas para lograr unha cidade máis ecolóxica e sostible. CARTA AO ALCALDE