Percusión e humor no Auditorio
Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de EP desfrutou dunha clase de música diferente. Tres percusionistas, magos e humoristas presentáronnos diferentes instrumentos de percusión a través dunha historia que promove a autoestima, o afán de superación e o traballo en equipo. Unha obra chea de ritmo, humor e sorpresas.
Moi ben Martín, tes futuro como percusionista!
Vaia ritmo!, de Odaiko Percusión Group é unha proposta ofertada por Afundación abanca.