O luns, 18 de febreiro, a escritora Iria Misa, recibiunos no Liceo de Ourense, para compartir a súa paixón pola literatura. Centrouse sobre todo no libro que acabamos de ler "Mamá quero ser Ziggy Stardust"
A temática do libro é promover a inclusión dos nenos e nenas transxénero. Conta a historia de Aine, un neno que vive a sua transición de nena a neno mentras cursa a educación primaria.
Quen é Ziggy Stardust? "É un cantante de rock que tocaba unha guitarra azul de doce cordas e que chegou do espazo. Tiña o pelo de cor laranxa, cun raio vermello que lle cruzaba o rostro. Ziggy era David Bowie na súa versión máis andróxina."
Los Andes podcast