Curso 2023-24

BO VERÁN!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración neste curso 2023-24. 

Bo verán familias! Vémonos en setembro

FESTIVAL DA ANPA FIN DE CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Este VENRES 14 de xuño de 16:30h. a 20h. teremos o Festival de Fin de Curso 2023-24 que organiza a ANPA.

Haberá chiringuito, exhibicións das actividades extraescolares e inchables.

Esperámoste para vir a pasar unha tarde divertida!

Saúdos 

 

A ANPA

 

 

DIVERTARDE CULTURAL

Estimadas familias:

Este sábado día 25 de maio as 17:00h temos a Divertarde Cultural na Casa Rectoral de Vincios.

Será a última do curso así que ímolo despedir ao grande.

Vir pasar unha tarde divertida!

Saúdos 

A ANPA

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano está dedicado á autora Luísa Villalta Gómeznada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. Dentro do ámbito da poesía publicou os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004) e Papagaio (2006, póstumo) ademais de textos e colaboracións en diferentes medios, antoloxías, publicacións periódicas, revistas na web etc.

Este xoves 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega e que poden asistir as familias sobre as 12h.

Pinchade no cartel e podedes consultar o programa do Festival:

 

 

Nos seguintes vídeos podedes ver as diferentes actuacións do festival e a entrega dos premios da XXIX edición do Certame Literario da Xoaniña organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Estimadas familias:

Este verán non se poderá levar a cabo o campamento organizado pola Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios debido a que dita asociación non ten equipo directivo.

Estes son algúns dos campamentos que se fan nos arredores por se son do voso interese:

 

Un saúdo,

A ANPA 

CHARLA PARA NAIS/PAIS SOBRE O IMPACTO DA PORNOGRAFÍA EN MENORES

Estimadas familias:

Adxuntamos información de FANPA Pontevedra que pode ser do voso interese.

O vindeiro 14 de maio farase unha nova sesión da charla sobre a necesidade de coñecer a situación actual de impacto nos nosos fillos da difusión ubicua da pornografía. Que está pasando? como a atopan e que consecuencias está tendo na súa educación.

Lonxe do formato dunha clase, a charla pretende ser unha escusa para o diálogo que permita abrir o camiño para falar de forma adecuada e oportuna coas nosas fillas e fillos.

A charla está aberta a todas as nais e pais interesados independentemente do centro ao que asisten os seus fillos. Lembramos que será na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39) o 14 de maio ás 18:00 horas.

Por necesidades organizativas é necesario inscribirse con antelación no correo actividades@nontedurmas.org

Un saúdo,

A ANPA

XXX CROSS ESCOLAR STA. MARIÑA DE VINCIOS 2024

Estimadas familias:

Informamos que o venres 17 de maio de 2024 ás 17h terá lugar o XXX CROSS ESCOLAR “STA. MARIÑA” de VINCIOS, no CAMPO DE FUTBOL de A PASAXE (Poligono Industrial de A Pasaxe).

No seguinte enlace podedes descargar o impreso de inscrición: IMPRESO DE INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse remata o MERCÓRES, 15 de MAIO, e podedes facelo cubrindo o Boletín e entregalo no Colexio, ou por email: manolovincios@gmail.com ou no tef. 699 67 00 85 (Manolo).

Animádevos a participar!!!

O CLUB DEPORTIVO VINCIOS

DIVERTARDE CULTURAL

Estimadas familias:

Este sábado día 6 de abril ás 17:00h temos a actividade "DIVERTARDE CULTURAL" no Centro Cultural de Vincios. Acompáñanos a pasar unha tarde divertida!

Saúdos.

A ANPA 

OBRADOIORO XABONEIRO NA AVV GALIÑEIRO DE VINCIOS

Estimadas familias:

A AVV Galiñeiro de Vincios organiza este luns un obradoiro xaboneiro en familia para disfrutar en familia creando un xabón desde cero. Non vos olvides de anotarvos!

Saúdos.

A ANPA 

CONCENTRACIÓN COMUNIDADES EDUCATIVAS DE GONDOMAR

Estimadas familias:

O xoves 21 de marzo ás 18h na PRAZA PARADELA (CONCELLO DE GONDOMAR) está programada unha concentración de todas as comunidades educativas de Gondomar para reclamar a figura do conserxe e a falta de mantemento nos colexios. ÚNETE A NÓS!!!

No seguinte ENLACE podedes descargar un modelo de escrito individual para entregar por rexistro ao Concello de Gondomar reclamando que solucionen esta problemática.

Grazas pola vosa colaboración.

A ANPA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido