Actividades e Propostas
Os obradoiros do terceiro ciclo
Enviado por profe o Xov, 06/06/2024 - 11:28
No terceiro ciclo, desfrutamos e aprendimos moitísimo ó longo do curso cós obradoiros tan chulos que fixemos!
Na primeira avaliación, en 5º comezamos contando coa colaboración dunha nai (Vanesa) para realizar un obradoiro de xabóns, canto aprendemos e que ben o pasamos!
Case a finais da mesma avaliación ,fixemos distintos obradoiros creativos:
- No obradoiro de arte, descubrimos a nosa artista "agochada"na caixa misteriosa e aprendemos moitísimas cousas sobre a súa vida e obra. Era a sempre magnífica Yayoi Kusama!Que marabillosas e coloridas as súas obras !
- Outro dos obradoiros no que tamén aprendemos moito foi o de CANVA. Que gozada de programa! ten moitísima funcionalidade e gustounos un montón traballar con él!
- Obradoiro de Tekla-tekla, que nos pareceu moi interesante e útil, gustounos moitísimo!
- Obradoiro de postais de Nadal ,insertándolle un circuito simple. Que bonitas e orixinais quedaron e canto aprendemos!
Na 2º avaliación, os nosos obradoiros xiraron en torno ó ENTROIDO, dándolle forma as nosas ideas có emprego de material de refugallo que fomos achegando e deixando voar a nosa imaxinación e creatividade...Que satisfeitos quedamos có produto final!
Nesta avaliación, tamén contamos coa presenza doutra nai para levar a cabo un interesantísimo "obradoiro de estampación de camisetas", no que confeccionamos e decoramos as nosas iniciais nas camisetas que trouxemos da casa e quedaron chulísimas!
- Na 3º avaliación, da man da mestra Elena, asistimos a varias sesións de formación nas que aprendemos o funcionamento da radio e incluso animámonos fixemos algún que outro programiña para ensaiar e poñer en práctica os nosos coñecementos!
Obradoiro día da terra
Enviado por admin o Lun, 05/27/2024 - 00:05Para conmemorar o día da terra (22 de abril) decidimos facer un obradoiro partindo do conto "Siembra un beso". A través deste conto poidemos traballar contidos tan importantes como o coidado da nosa terra así como a importancia de transmitir afecto entre a familia, compañeiros, amigos,.... Para elo, puidemos experimentar xogando coa terra e simulando a plantación, xogando coa area cinética facendo formas e trasvases e apendemos que existe o papel plantable no que debuxamos os nosos beizos para regalar aos seres queridos e que siga crecendo o agarimo e o amor.
Exposición de Infantil: Patrulla planeta
Enviado por admin o Lun, 05/27/2024 - 00:00A semana do 18 ao 22 de marzo, os protagonistas do cole foron os nenos e nenas de E.I. e 5º/6º E.P. (tamén as súas mestras!). Para amosarnos todo o que investigaron e traballaron ao longo destas dúas avaliacións sobre o coidado do Planeta e da nosa contorna, preparáronnos cousiñas a mar de interesantes. O pasamos xenial! Foron uns días moi divertidos participando nas propostas dos nosos compis e descubrindo con eles todo o que argallaron ao longo deste meses
Podedes escanear os QR para poder escoitar os consellos dos pequenos.
2º CICLO
Enviado por riveraalen o Mar, 05/21/2024 - 23:34No 2º Ciclo estivemos a traballar xuntos un montón de cousas:
A AUGA
Charlas con expertos sobre o tema e emprego de recursos dixitais para afondar no tema
A TERRA
OS MINERAIS
Os compañeiros de 4º realizaron unha gran investigación sobre os minerais e prepararon unha exposición que convertiron nun museo para a comunidade educativa. Todo o alumnado e profesorado do centro foi invitado a que os seus guías explicasen cousas dos mineirais e descubriran curiosidades.
O COMPOSTEIRO
Realizamos obradoiros de construcción de composteiros no cole, buscamos unha boa ubicación, realizamos carteis para concienciar os compañeiros...
Aprendimos moitas cousas e divertímonos mentras as facíamos!
Obradoiros de Pascua
Enviado por profe o Lun, 05/06/2024 - 14:41OBRADOIROS DO 2º TRIMESTRE
E para rematar o trimestre con bo sabor de boca, o luns 18 de marzo decidimos xuntarnos de novo para compartir experiencias, ideas e moita diversión. Puidemos gozar de 4 obradoiros variados: Land Art, Radio, Atrapasoños na escuridade e Decoración de Ovos de Pascua.
A continuación podedes ver as creación feitas nestes obradoiros:
Votacións na aula creaativa
Enviado por admin o Mar, 02/27/2024 - 02:00Boas, amigos e amigas!
A pasada semana tiveron lugar no cole, ao igual que a fin de semana anterior na nosa comunidade autónoma, as eleccións!! Pero as nosas foron especiais, tivemos que escoller un nome para poñerlle á nosa aula creativa. Dúas semanas atras, os axudantes da biblioteca foron por todas as clases a contar como o íamos facer. Fixeron unha presentación na que nos contaron que íamos ter dúas semanas para votar nun buzón da entrada as nosas propostas de nomes, e de aí saíron 4 nomes moi chulos: Creatincios, Súperaula, Serralandia e Aula dos soños.
Unha vez tivemos as 4 propostas, chegaron as eleccións!! De novo, os axudantes de biblioteca tiveron un papel moi importante neste proceso. Conformáronse as mesas electorais, que estiveron formadas por un presidente ou presidenta, dous vogais e un axudante. En cada sesión acudíu un ciclo a votar, tendo dúas mesas nas que poderían exercer o seu dereito a votación.
Xa por último chegou o momento do reconto de votos, comprobando o censo electoral e as persoas que acudiron a votar. Foi unha xornada moi interesante e divertida na que gañou, por unha diferenza pequena de 9 votos... AULA DOS SOÑOS!
ENTROIDO 2024
Enviado por admin o Ven, 02/02/2024 - 13:06FESTIVAL DO ENTROIDO:
Moitas grazas ás familias por asistir un ano máis ao Festival do Entroido.
E como sempre, o alumnado disfrutou a tope.
Podedes ver aquí un resumo das fotos e vídeos das diferentes comparsas dos cursos.
Feliz Entroido!!!
DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024
Enviado por admin o Ven, 01/26/2024 - 15:39O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o día da Paz, fixemos unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou.
Con esta iniciativa pretendemos que cada familia patrocine os xogos, aportando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para donar ao banco de alimentos de Gondomar.
A AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA foron os encargados de colaborar e organizar a recollida.
Nos seguintes vídeos podedes apreciar a xornada dos xogos solidarios e a recollida dos alimentos por parte da AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA do colexio.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Exposicións 1º trimestre
Enviado por admin o Xov, 12/21/2023 - 02:00
FESTIVAL NADAL 2023
Enviado por admin o Mér, 12/20/2023 - 14:49A postal de Nadal gañadora do Concurso 2023 foi a de MARA CASTRO GARRIDO, 5º EP
Parabéns, por crear esta fermosa postal!!!
Abaixo podedes veras fotos do gran traballo de tódolos nenos/as creando unhas postais incribles e os vídeos das panxoliñas dos diferentes cursos.
FELICES FESTAS!!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »