Curso 2018-19
VISITA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS
Enviado por admin o Ven, 06/28/2019 - 08:34O pasado martes visitáronos alumnos e mestres da Agrupación Musical de Vincios. Saxos, trompetas, frautas, batería... foron algúns dos instrumentos que nos acompañaron ao longo do conto que nos contaron. Nós pasámolo xenial escoitando as pezas e adiviñando o seu título.
Grazas polo concerto
RIFA DE PRIMAVERA
Enviado por admin o Lun, 06/17/2019 - 22:21ESTA VEZ A PREMIADA COA RIFA DO XAMÓN FOI:
ISABEL QUINTAS, posuidora do número 840, coincidindo co número premiado no sorteo na ONCE de 31 de maio (82840), nai dun alumno do cole. NORABOA E A SABOREALO!
Cucañas 2019
Enviado por admin o Lun, 06/17/2019 - 15:55Este ano a festa da auga tívose que cambiar por culpa deste tempo tan trouleiro que temos, polo que fixemos unha xornada de cucañas moi divertida
Conmemoración polo día do Medio Ambiente
Enviado por admin o Mar, 06/11/2019 - 18:04O pasado día 5 de xuño conmemoramos o día do medio ambiente no colexio.
Os alumnos de 6º amosáronnos unha presentación sobre o coidado dos nosos montes e logo fomos a plantar unha árbore cos nenos de 3 anos.
LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS
Enviado por Anarosa o Mar, 05/14/2019 - 17:50O persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2019 será o antropólogo, historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas. Ao longo do curso irémolo coñecendo un pouco máis.
PROGRAMA DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019
VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 14/05/2019
VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 15/05/2019
VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 16/05/2019
O bosque dos nenos
Enviado por admin o Ven, 04/26/2019 - 14:11En outubro do 2017 o 80% dos montes arderon e o monte Galiñeiro foi queimado.
A comunidade de Montes de Vincios como lembranza propuxo unha plantación de árbores autóctonas preto da area recreativa para colaborar entre todos a recuperar o monte. Os alumnos do centro participaron nesta iniciativa e a xornada foi moi especial!
Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.
Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros ...
Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!
Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes.
Entroido 2019
Enviado por admin o Lun, 03/04/2019 - 11:56O pasado venres 1 de marzo saímos pola parroquia para festexar o ENTROIDO, este ano as comparsas xiraron entorno ao noso proxecto anual "Descubrindo o mundo". Aqueles que non puidestes acompañarnos, podedes ver o seguinte video, pinchando no enlace:
Día de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Lun, 02/25/2019 - 16:26Onte 24 de febreiro foi o dia de Rosalía de Castro e para conmemorar esta data tan importante para a nosa lingua os alumnos do centro estiveron traballando estes días cos seus poemas, ilustrándoos e recitándoos.