Curso 2018-19
O día da Paz 2019
Enviado por admin o Xov, 01/31/2019 - 16:05Onte festexamos o día da Paz no cole, este ano contamos cun concerto moi especial, "Mbolo Mooye Doolé", grupo de percusión e danza de Senegal, ensinounos instrumentos típicos da súa terra e gozamos escoitándoos, danzando e tocándoos.
Un dos instrumentos que nos trouxeron foron "Yembes" un tambores de corda afinado, cubertos de peles que se tocan cas mans; o seu nome significa "todos xuntos en paz", por esa razón trátase dun instrumento social que nos invita a pasalo ben e a evitar os conflitos.
GAÑADORA DA CESTA DE NADAL
Enviado por anaiglesiasiglesias o Sáb, 12/22/2018 - 21:25E XA TEMOS GAÑADOR, NESTE CASO GAÑADORA DA NOSA CESTA DE NADAL.
E QUEDOU NA CASA, A GAÑADORA FOI
LUCINDA PUIME FERNÁNDEZ, NAI DE ALUMNOS DO COLE.
NORABOA LUCINDA!
FESTIVAL NADAL 2018
Enviado por admin o Ven, 12/21/2018 - 13:55A postal de Nadal gañadora do Concurso 2018 foi para o alumno de 5ºEP, KENNETH ALONSO FERNÁNDEZ.
Noraboa Kenneth, por agasallarnos con esta fermosa ilustración!!!
BO NADAL!!!
ENTREGA PREMIO DO CONCURSO POSTAL DE NADAL:
ACTUACIÓNS DE TODOS OS CURSOS:
GRAN CESTA DE NADAL: VENDA DE RIFAS
Enviado por anaiglesiasiglesias o Lun, 12/03/2018 - 11:50XOGOS POPULARES NO COLE
Enviado por admin o Xov, 11/29/2018 - 11:22O martes tivemos unha Xornada de Xogos Populares e Tradicionais no colexio.
Formamos grupos con nenos e nenas de diferentes cursos e practicamos os xogos dos nosos avós e das nosas avoas. Que interesante!
Xogamos á Mariola, ao sete e medio, ao tres en raia, aos castelos de carozos, á ra, ao pano, saltamos á corda ...
Algúns dos maiores explicaron as normas dalgúns xogos e axudaron aos máis pequenos a saltar, a contar, a tirar as chapas ...
Non só resultou unha xornada de convivencia entre o alumnado dos distintos grupos, senón tamén unha actividade lúdica que nos permitiu xogar do mesmo xeito que o facían os avós e as avoas.
Samaín 2018
Enviado por admin o Mér, 10/31/2018 - 14:45Xa estamos no Samaín.
Rapaces, avós, pais... e tódalas persoas que quixeron vir ao cole, puideron visitar a nosa exposición de cabazas e froitos do outono.
Para aqueles que non puideron acudir,aquí vos deixamos unha pequena mostra de tódalas marabillas que fixéchedes nas vosas casas.
Xa que estamos descubrindo o Mundo aquí podedes coñecer algunha cousiña sobre a tradición do Samaín
CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE O CAMBIO METODOLÓXICO DO CENTRO
Enviado por admin o Mér, 10/31/2018 - 12:06A docencia sobre o cambio de metodoloxía que estamos a levar a cabo no centro foi impartida por Carmen Vaz Dapia, asesora do Centro de Formación e Recursos de Vigo. As dinámicas de traballo cooperativo, as tarefas integradas e o desenvolvemento do currículo, foron os temas que abarcou Carmen para que as familias coñezan o proceso deste cambio.
Agardamos que a charla fose do voso interese e moitas grazas por asistir.
Clicade aquí para descargar a súa presentación en PDF que desenvolveu o 30 de outubro.
O MAGOSTO
Enviado por Filo o Mér, 10/31/2018 - 00:14Chegou o Outono coas súas cores, os froitos, as colleitas, o viño novo e as tradicións da estación. Unha destas celebracións é O Magosto. Festa de castañas, brasas, lume, cornetes de papel, cheiro a fume, estoupidos ao lume, sabor da terra ... O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.
Os maiores subimos camiñando, seguimos sendeiros polo monte e chegamos axiña á zona do Merendeiro. Os alumnos de infantil e os do primeiro ciclo desprazáronse en autobús.
Cando chegamos ao Merendeiro buscamos un lugar para construír as cabanas, agrupámonos para xogar, merendamos nos refuxios que fixemos con paus e probamos as castañas. Aproveitamos as cinzas para pintar a cara! Que ben o pasamos!
Magosto no Galiñeiro
ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS: "XORNADA DE TRABALLO NA SERRA DO GALIÑEIRO"
Enviado por Filo o Ven, 10/19/2018 - 13:36Esta semana o alumnado do CEIP Serra-Vincios dedicamos unha xornada á loita contra unha gran invasora dos nosos montes e espazos naturais. Estivemos arrancando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.
Os responsables da Comunidade de Montes solicitaron axuda para loitar contra esta especie que está a invadir unha gran superficie no monte.
Foi un día moi interesante!
Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.
Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros...
Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!
Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes..
Arrincando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.
Vendima 2018
Enviado por admin o Ven, 10/05/2018 - 13:57Estos días atrás fomos a vendimar a unha leira a carón do centro.
A tarefa favoreceu a colaboración e o traballo entre distintos grupos polo que afillados e padriños lectores puidemos compartir novas experiencias. Empregamos capazos, tesoiras, cestos... para cortar e recoller os acios das vides .
Despois dunha xornada tan satisfactoria só nos queda agradecerlle aos propietarios a invitación recibida e a súa colaboración desinteresada.
Moitas grazas e ata a próxima