Transporte Escolar

TRANSPORTE ESCOLAR

  • O transporte escolar depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, sendo este gratuíto.
  • Terá dereito o alumnado que teña o seu enderezo a máis de 2Km do colexio e dentro da parroquia de Vincios.
  • Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso. Os usuarios lexitimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición.
  • Ten dúas rutas distintas e está encomendado á empresa ATSA.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Saídas polas mañás ás 8:25h.

Ruta 1: Figueiró - Salgueiro - Muiños - Rocha - Casás - CEIP Serra Vincios

Ruta 2: Fraga - Resteva - Cernada - Xian - Tumbio - CEIP Serra Vincios

 

  • Para o transporte escolar hai dous autobuses contando cada un deles cunha coidadora que velará polo coidado do alumnado.
  • O servizo de transporte funciona pola mañá chegando ao Centro sobre as 08:40 e marchará ás 14:05. Tamén recolle aos alumnos/as pola tarde despois do funcionamento do comedor escolar, facéndose cargo deste servizo a ANPA en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios.
  • O Equipo Directivo, xunto co profesorado, coordinará e organizará a recepción do alumnado usuario de transporte escolar, desde a chegada dos autocares ata a hora de entrada nas aulas.
  • O uso do transporte implica a aceptación das seguintes normas recollidas no N.O.F. do Centro, aquí tedes o enlace:

 "NORMAS DO TRANSPORTE ESCOLAR"

  

  • Existe un modelo para a reserva de transporte escolar. O enlace é:

"MODELO RESERVA TRANSPORTE ESCOLAR"

Distribuir contido