Comunicados

CONVOCATORIA ASEMBLEA ANPA (21/10/2024)

Estimadas familias: queremos recordar que a ANPA vén convocar a súa asamblea xeral ordinaria o próximo luns 21 de Outubro de 2024 as 16:30h en primeira convocatoria e as 17:30h en segunda convocatoria, no salón de actos do CEIP Serra Vincios.

 

A ORDEN DO DÍA será:

1.Apertura e asistencia.

2.Lectura do acta anterior e aprobación, se procede.

3.Estado de contas.

4.Cuota de sociedade 2025/2026

5.Cuota Aula madruga 2025/2026

6.Informe de actividades.

7.Estado do parque exterior e posibles obras de mellora.

8.Rogos e preguntas. Agradecemos a asistencia das familias.

Saúdos,

A ANPA

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN IGUALDADE NO COLEXIO

Estimadas familias:

Informamos das actividades de formación en igualdade para o 2024, organizadas polo a ANPA Santa Mariña do CEIP Serra Vincios, e financiadas mediante unha subvención sobre igualdade concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. 

Esta aportación é unha pequena semente, que esperamos xermine e permita tomar consciencia da importancia da educación na igualdade de xénero, sexual e afectiva, integral e de calidade, dun xeito progresivo, adaptada as idades de desenvolvimiento e que lles permita coñecerse, aceptarse e expresarse libremente procurando vivencias felices e vínculos seguros. 

Animádevos e participade!!!

A ANPA 

 

Aquí podedes consultar o programa de actividades de formación en igualdade 2024 para o alumnado en horario escolar e para as familias pola tarde.

Clicade na imaxe

 

 

O primeiro ciclo de charlas para familias terá lugar os días 12 e 26 de novembro de 17:30h. a 19:30h. e leva por título: "Como lle falo diso? Remover e sementar", impartida por Noelia Moreau, do Gabinete Con Mucho Gusto. 

Animádevos e asistide á charla!!!

Clicade na imaxe

ACTIVIDADES ANUAIS ESPAZO LECTURA

ESPAZO LECTURA, é unha entidade de Gondomar para o fomento e a animación á lectura en lingua galega que organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

 

Animádevos a participar e colaborar con Espazo Lectura!!!

 

PROGRAMACIÓN:

 

- Cartel trimestral de clubs de lectura que recolle as lecturas dos diferentes clubs: do Lendo Contigo para alumnado de Educación Primaria e dos clubs de adultos.

 

  

- Cartel do Contomar: contacontos que se celebra cada luns na Biblioteca Municipal de Gondomar dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos.

 

- Cartel da actividade na Casa da Lectura: que retomamos esta tempada, sesións de dinamización lectora dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos.

 

Presentación e Contaconto Libro - Día Mundial dos Animais - 4 de outubro

Estimadas familias, temos o pracer de convidarvos á PRESENTACIÓN e CONTACONTO do novo audiolibro da escritora miñora Soledad García, ZOO LIBRE, o próximo venres 4 de outubro de 2024, Día Mundial dos Animais, ás 18:30 h no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

A actividade en vivo, dirixida ao público infantil (nenas e nenos de 3 a 6 anos acompañados dun adulto) é gratuíta e limitada ao aforo da aula didáctica do MARCO, polo que é necesaria previa inscrición no seguinte formulario:

https://forms.gle/F1vpPKgbmbzrrK9f6

Achégase cartel informativo.

 

 

CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA TODA A FAMILIA

Estimadas familias:

Dende a escola da Agrupación Musical de Vincios imos organizar para esta fin de semana un concerto didáctico para toda a familia, que se fará o sábado 21 no Centro Cultural de Vincios ás 19:00 horas e o domingo 22 na Praza Manuel Alonso en Gondomar ás 12:00 horas.

Animádevos xa que vai a ser moi divertido e interesante!!!

Fixádevos no cartel da actividade:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL DA ANPA FIN DE CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Este VENRES 14 de xuño de 16:30h. a 20h. teremos o Festival de Fin de Curso 2023-24 que organiza a ANPA.

Haberá chiringuito, exhibicións das actividades extraescolares e inchables.

Esperámoste para vir a pasar unha tarde divertida!

Saúdos 

 

A ANPA

 

 

DIVERTARDE CULTURAL

Estimadas familias:

Este sábado día 25 de maio as 17:00h temos a Divertarde Cultural na Casa Rectoral de Vincios.

Será a última do curso así que ímolo despedir ao grande.

Vir pasar unha tarde divertida!

Saúdos 

A ANPA

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Estimadas familias:

Este verán non se poderá levar a cabo o campamento organizado pola Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios debido a que dita asociación non ten equipo directivo.

Estes son algúns dos campamentos que se fan nos arredores por se son do voso interese:

 

Un saúdo,

A ANPA 

CHARLA PARA NAIS/PAIS SOBRE O IMPACTO DA PORNOGRAFÍA EN MENORES

Estimadas familias:

Adxuntamos información de FANPA Pontevedra que pode ser do voso interese.

O vindeiro 14 de maio farase unha nova sesión da charla sobre a necesidade de coñecer a situación actual de impacto nos nosos fillos da difusión ubicua da pornografía. Que está pasando? como a atopan e que consecuencias está tendo na súa educación.

Lonxe do formato dunha clase, a charla pretende ser unha escusa para o diálogo que permita abrir o camiño para falar de forma adecuada e oportuna coas nosas fillas e fillos.

A charla está aberta a todas as nais e pais interesados independentemente do centro ao que asisten os seus fillos. Lembramos que será na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39) o 14 de maio ás 18:00 horas.

Por necesidades organizativas é necesario inscribirse con antelación no correo actividades@nontedurmas.org

Un saúdo,

A ANPA

XXX CROSS ESCOLAR STA. MARIÑA DE VINCIOS 2024

Estimadas familias:

Informamos que o venres 17 de maio de 2024 ás 17h terá lugar o XXX CROSS ESCOLAR “STA. MARIÑA” de VINCIOS, no CAMPO DE FUTBOL de A PASAXE (Poligono Industrial de A Pasaxe).

No seguinte enlace podedes descargar o impreso de inscrición: IMPRESO DE INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse remata o MERCÓRES, 15 de MAIO, e podedes facelo cubrindo o Boletín e entregalo no Colexio, ou por email: manolovincios@gmail.com ou no tef. 699 67 00 85 (Manolo).

Animádevos a participar!!!

O CLUB DEPORTIVO VINCIOS

Distribuir contido