CHARLA PARA NAIS/PAIS SOBRE O IMPACTO DA PORNOGRAFÍA EN MENORES

Estimadas familias:

Adxuntamos información de FANPA Pontevedra que pode ser do voso interese.

O vindeiro 14 de maio farase unha nova sesión da charla sobre a necesidade de coñecer a situación actual de impacto nos nosos fillos da difusión ubicua da pornografía. Que está pasando? como a atopan e que consecuencias está tendo na súa educación.

Lonxe do formato dunha clase, a charla pretende ser unha escusa para o diálogo que permita abrir o camiño para falar de forma adecuada e oportuna coas nosas fillas e fillos.

A charla está aberta a todas as nais e pais interesados independentemente do centro ao que asisten os seus fillos. Lembramos que será na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39) o 14 de maio ás 18:00 horas.

Por necesidades organizativas é necesario inscribirse con antelación no correo actividades@nontedurmas.org

Un saúdo,

A ANPA

AdxuntoTamaño
Cartel_charla_pornografia_menores_Mos.pdf8.08 MB