Día da Paz

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o día da Paz, fixemos unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou. 

Con esta iniciativa pretendemos que cada familia patrocine os xogos, aportando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para donar ao banco de alimentos de Gondomar.

A AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA foron os encargados de colaborar e organizar a recollida.

 

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a xornada dos xogos solidarios e a recollida dos alimentos por parte da AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA do colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

  

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2023

O venres 27 de xaneiro festexamos o Día da Paz con contos, danzas, música, manualidades e xogos do mundo. Tod@s somos marabillosamente distint@s, tod@s somos iguais. Foi un día fermoso no que compartimos momentos e aportamos o noso gran de area ao banco de alimentos de Gondomar. Grazas a todas as familias polas achegas para os máis necesitados!!!

 

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2022

Hoxe día 28 de xaneiro festexamos o Día da Non Violencia e da Paz no cole, botando os ingredientes á mellor sopa do mundo, "Sopivincios pola Paz". Tamén podedes escoitar o conto de Susana Isern "A mellor sopa do mundo" picando aquí.

No seguinte vídeo podedes ver como festexamos este día:

DÍA DA PAZ 2020

POLO DÍA DA PAZ, OBRADOIROS DA PAZ!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todos os alumnos e alumnas, mesturados en grupos de diferentes idades, foron rotando polos obradoiros traballando e xogando sempre de forma cooperativa:

- Xogos Cooperativos co Paracaídas.

- Danzas do Mundo.

- Contos da Paz.

- Taller de Grafismos.

- Xogos na Aula Creativa.

- Matemáticas co tangram.

- Estudo de Fotografía.

E para rematar, todas e todos bailamos a danza preparada pola profe Elena, "Seve Jumps".

Aquí podedes ver o vídeo do DÍA DA PAZ.

  

O día da Paz 2019

Onte festexamos o día da Paz no cole, este ano contamos cun concerto moi especial, "Mbolo Mooye Doolé", grupo de percusión e danza de Senegal, ensinounos instrumentos típicos da súa terra e gozamos escoitándoos, danzando e tocándoos.

Un dos instrumentos que nos trouxeron foron "Yembes" un tambores de corda afinado, cubertos de peles que se tocan cas mans; o seu nome significa "todos xuntos en paz", por esa razón trátase dun instrumento social que nos invita a pasalo ben e a evitar os conflitos.

 

 

MIL PAXARIÑAS POLA PAZ 2018

Polo día da Paz, este ano, coñecemos a Sadako Sasaki,

se queredes saber máis, podedes velo no blogue de librincios ou clicando na foto: 

 

 

Xogos populares

Este curso preparamos un circuíto de xogos populares para compartir no Día da Paz. Por mór da choiva, tivemos que ir pospondo a súa celebración ata que, por fin, o venres 10 puidemos xogar e crear boas lembranzas todos xuntos.

  

GYMKANA SOLIDARIA PARA O DÍA DA PAZ 2016

Outro ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.

O dia 29 de xaneiro realizamos unha "GYMKANA SOLIDARIA" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto as CANCIÓNS que preparou a profe de música Elena, "Fatuo yo" e o clásico "Meu amor estoupa", que como ben di ela, son cantigas para alegrar a alma!!!

A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 3 de febreiro de recoller todos os alimentos que aportaron as familias para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.

Non vos perdades os 2 vídeos onde nenos, nenas e profes atrévense co circuíto cheo de obstáculos. Destacar aos alumnos e alumnas máis maiores que axudaron con moita tenrura aos máis pequeniños a rematar o percorrido. Por último, todos e todas cantando e bailando.

E grazas pola vosa solidariedade!!!

 

 

 

DÍA DA PAZ 2015

 

Un ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.

 

O dia 30 de xaneiro realizamos un "Circuíto Solidario de Habilidades" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Meu amor estoupa".

 

A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 5 de febreiro de recoller os casi máis de 700Kg de alimentos para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.

A noticia foi comentada no "Faro de Vigo". Tamén, se clicamos no nome do xornal "GALICIA SUR" poderemos ler a noticia con máis detalle.

Non vos perdades o vídeo e as fotos das dúas xornadas onde todos os/as alumnos/as e os/as profes máis osados/as rematan o circuíto cheo de obstáculos. Tamén hai fotos da recollida dos alimentos.

 

 

 

 

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLO VOSO ESFORZO E POR ACORDARSE DOS MÁIS DESFAVORECIDOS, FELIZ DÍA DA PAZ!!!

 

 

Distribuir contido