GYMKANA SOLIDARIA PARA O DÍA DA PAZ 2016
Outro ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.
O dia 29 de xaneiro realizamos unha "GYMKANA SOLIDARIA" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto as CANCIÓNS que preparou a profe de música Elena, "Fatuo yo" e o clásico "Meu amor estoupa", que como ben di ela, son cantigas para alegrar a alma!!!
A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 3 de febreiro de recoller todos os alimentos que aportaron as familias para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.
Non vos perdades os 2 vídeos onde nenos, nenas e profes atrévense co circuíto cheo de obstáculos. Destacar aos alumnos e alumnas máis maiores que axudaron con moita tenrura aos máis pequeniños a rematar o percorrido. Por último, todos e todas cantando e bailando.
E grazas pola vosa solidariedade!!!