Día do Medio Ambiente
Conmemoración polo día do Medio Ambiente
Enviado por admin o Mar, 06/11/2019 - 18:04O pasado día 5 de xuño conmemoramos o día do medio ambiente no colexio.
Os alumnos de 6º amosáronnos unha presentación sobre o coidado dos nosos montes e logo fomos a plantar unha árbore cos nenos de 3 anos.
ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS: "XORNADA DE TRABALLO NA SERRA DO GALIÑEIRO"
Enviado por Filo o Ven, 10/19/2018 - 13:36Esta semana o alumnado do CEIP Serra-Vincios dedicamos unha xornada á loita contra unha gran invasora dos nosos montes e espazos naturais. Estivemos arrancando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.
Os responsables da Comunidade de Montes solicitaron axuda para loitar contra esta especie que está a invadir unha gran superficie no monte.
Foi un día moi interesante!
Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.
Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros...
Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!
Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes..
Arrincando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.
Día do Medio Ambiente
Enviado por admin o Mér, 06/06/2018 - 19:55Hoxe, polo día de Medio Ambiente, os nenos de 3 anos plantaron a súa árbore. Agora só queda cuidala e darlle moito mimo para que dentro duns anos teñamos un s ricos marmelos
Festexamos o día do Medio Ambiente
Enviado por admin o Lun, 06/05/2017 - 23:41FROITA NA ESCOLA 2015-16
Enviado por admin o Lun, 04/25/2016 - 11:17Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo.
- do 2-6 de maio
- do 9-13 de maio
- do 30 de maio ao 3 de xuño
- do 6-10 de xuño
Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas.
AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado.
Así que, a comer moita froitaaaaa!!!
5 de xuño, Día do medio ambiente
Enviado por admin o Mar, 06/09/2015 - 10:40O venres, día 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. Como en anos anteriores as nenas e nenos de 3 anos plantaron unha árbore, esta vez foi unha laranxeira. A seguir todo o alumnado do centro fixo unha recollida de lixo no patio e polos arredores.
Plantamos unha árbore- 5 de xuño
Enviado por Anónimo o Xov, 06/05/2014 - 13:57Hoxe 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Levamos varios cursos celebrándoo coa plantación dunha árbore no patio da nosa escola. O alumnado de 3 anos escolle unha árbore que planta, arroupado por todo o centro, neste día. A partir deste momento, adóptana e cuidarana con cariño.
A árbore escollida é o kumquat, tamén denominado quinoto ou laranxeira enana. Está emparentado coa familia dos cítricos.
AliméntTBen
Enviado por Anarosa o Xov, 05/22/2014 - 10:49AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos.
Este ano concedéronnos as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas.
No seguinte vídeo podemos observar cantas vitaminas nos aportou a froita: