FROITA NA ESCOLA 2015-16

Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. 

  • do 2-6 de maio
  • do 9-13 de maio
  • do 30 de maio ao 3 de xuño
  • do 6-10 de xuño

 

Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas. 

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado. 

 

Así que, a comer moita froitaaaaa!!!