Curso 2021-22
ACTUACIÓN DO MAGO TETO
Enviado por admin o Xov, 06/16/2022 - 22:47Que sorte poder contar co Mago Teto no cole!!! Maxia e moitas risas, así foi o gran espectáculo que nos ofreceu o día 16 de xuño para ir despedindo este curso.
CONCERTO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS
Enviado por admin o Xov, 06/09/2022 - 12:12O día 09/06/2022 disfrutamos do CONCERTO DIDÁCTICO E INTERACTIVO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS no patio do colexio onde tamén actuaron alumnos/as, ex alumnos/as e nais do colexio. Grazas á Agrupación por vir, foi moi divertido e ameno!!!
ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID VERSIÓN 20-05-2022
Enviado por admin o Dom, 05/22/2022 - 13:06O día 20/05/2022 publicouse a actualización do Protocolo de Adaptación ao Contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o que resta de curso.
As novidades máis importantes son que xa se poden mesturar grupos de convivencia estables, excepto no comedor escolar, pero de momento debemos seguir evitando as grandes aglomeracións de persoas. Podedes consultar as indicacións da Consellería de Sanidade.
CONTOS POLA IGUALDADE
Enviado por admin o Ven, 05/20/2022 - 15:55Hoxe, tódolos nenos do cole, gozaron dun marabilloso contacontos de Bea Campos e Manuel Botana entorno a 3 contos:
- Rosa Caramelo
- Daniela Pirata
- O libro dos porcos
Foi unha xornada moi divertida nun entorno envidiable. Grazas por compartir este ratiño con nós.
Ata pronto!
CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2022"
Enviado por admin o Dom, 05/15/2022 - 15:11Estimadas familias, queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 27 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal e/ou comedor (horario ampliado de 8:00h a 16:00h). A inscrición poderá ser por semana, quincena ou mes completo. Os socios/as da ANPA terán prezo especial de socios/as. No seguinte enlace podedes descargar as inscricións e deixalas no buzón da ANPA ou ben entregalas directamente na Asociación Veciñal.
Tamén podedes consultar clicando aquí o programa de actividades a desenvolver.
Saúdos
A ANPA
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO
Enviado por admin o Ven, 05/13/2022 - 00:39As Letras Galegas deste ano están dedicadas ao escritor ourensán Florencio Delgado Gurriarán, destacado activista cultural en defensa do idioma galego e membro da Real Academia Galega.
O 13 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega. Para o ano que vén seguro que xa poderemos contar con máis público!!!
PROGRAMA DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022
VIDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022
XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS NO MONTE GALIÑEIRO
Enviado por admin o Sáb, 03/12/2022 - 02:28A ANPA convoca a toda a Comunidade Educativa a participar na "Xornada de Eliminación de Eucaliptos" no Monte Galiñeiro o día 20/03/2022.
Habera unha actividade de educación ambiental para os nenos e nenas, mentres os pais e nais presten a sua colaboración na eliminación de eucaliptos na parcela que nos indique a Comunidade de Montes de Vincios e posteriormente comerase no merendeiro do Monte Galiñeiro coa comida que leven as familias. Para rematar a xornada, ás 15:00 horas haberá unha actuación musical.
Consideramos moi importante a colaboración da Comunidade de Montes co funcionamento do CEIP Serra-Vincios e a mellor forma de agradecer esa aportación é participando nos traballos de eliminación de especies invasoras e de conservación do noso Monte.
Traede a vosa comida.
VEN E PARTICIPA!!!, será unha festa para toda a Familia Educativa do CEIP SERRA-VINCIOS.
ENTROIDO 2022
Enviado por admin o Lun, 02/21/2022 - 12:44FESTIVAL ENTROIDO:
Noutro ano marcado pola Covid, non puidemos celebrar o Entroido pola parroquia como nos gustaría. Aínda así, o venres 25 de febreiro desfilaron as comparsas dos diferentes cursos arredor da pista de baloncesto do colexio e o alumnado disfrutou moito moito!!!
Podedes ver aquí un resumo das fotos e dos vídeos da festa.
Feliz Entroido!!!
OS MANDADIÑOS DO MECO:
Comezamos a semana do Entroido coas ordes do Meco. Acordádevos que son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores:
4.- "O XOVES para o noso divertimento, trae o pixama ou a bata coa que pasaches o confinamento"
3.- "No MÉRCORES a gargalladas estaremos se as nosas máscaras decoradas traemos"
2.- "O MARTES polos PÉS o virus pode entrar, se traes un zapato de cada cor, o poderás evitar":
1.- "O LUNS a túa CABEZA terás que adornar para o virus espantar":
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »