AliméntTBen

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. 

Este ano concedéronnos as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas.

No seguinte vídeo podemos observar cantas vitaminas nos aportou a froita: