ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS: "XORNADA DE TRABALLO NA SERRA DO GALIÑEIRO"

Esta semana o alumnado do CEIP Serra-Vincios dedicamos unha xornada á loita contra unha gran invasora dos nosos montes e espazos naturais. Estivemos arrancando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.

 

Os responsables da Comunidade de Montes solicitaron axuda para loitar contra esta especie que está a invadir unha gran superficie no monte.

 

Foi un día moi interesante!

 

Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade   nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.

 

Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros...

 

Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!

 

Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes.. 

     

 

 

 

Arrincando eucaliptos na Serra do Galiñeiro.