Día da Paz
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 30-01-2014
Enviado por admin o Ven, 01/31/2014 - 14:30O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, e de que xeito!!!
O obxectivo foi realizar un "Circuíto Solidario de Habilidades" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e que a Concellaría de Benestar Social os achegase ás persoas máis desfavorecidas do Concello de Gondomar.
Logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Todos Xuntos", e que a disfrutamos moitísimo.
E durante a semana, participamos nun concurso ideado pola biblioteca da profe Irene, gravando mensaxes de paz para que tanto alumnado, profes e persoal non docente dixeran con liberdade o que para eles significaba a palabra paz. IMPRESIONANTE E MARABILLOSO VÍDEO!!!
PARABÉNS A TODOS E TODAS POR APORTAR SEMPRE COUSAS POSITIVAS!!!
A mostra de todo isto, a continuación:
Alimentos aportados polas familias do colexio foron recollidos polos operarios municipais coa axuda dos alumnos/as e profesores/as. Entre todas/as fixemos unha boa acción que seguro que axudará aos máis necesitados.
PRECIOSO VÍDEO "FALANDO DA PAZ":
VÍDEO CANCIÓN "TODOS XUNTOS":
VÍDEO "GYMKANA SOLIDARIA":
CIRCUITO SOLIDARIO PARA O DÍA DA PAZ 2014
Enviado por admin o Xov, 01/23/2014 - 16:03O xoves 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. Xa empezamos a ensaiar o circuíto de habilidades que realizaremos alumnos e profes ese día. O obxectivo será recadar alimentos para repartir polo Concello de Gondomar para aquelas familias máis necesitadas. Hai que intentar finalizalo!!!
PARA O DÍA DA PAZ 2013...
Enviado por mikelez o Ven, 01/18/2013 - 16:01DÍA DA PAZ 2011
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mér, 02/02/2011 - 02:47O 31 de xaneiro, celebramos no cole,
O DÍA DA PAZ
Fixemos mensaxes en pombiñas, que metemos noutra grande como se fose unha piñata, logo, os gañadores do concurso de poesías da Paz, tiraron dos lazos e soltaron as pombas. Cada neno, nena colleu unha mensaxe, e logo cantamos a canción da Paz "Cantemos collidos das mans este son..."
Aquí podedes ver as fotos:
DÍA DA PAZ
Enviado por anaiglesiasiglesias o Mar, 02/01/2011 - 19:43O 31 de Xaneiro, celebramos no cole o DÍA DA PAZ
Os nenos escribiron desexos en pombas pequenas, e metémolos nunha gran piñata con forma de pomba. Logo, os nenos premiados no concurso de poesías da Paz, tiraron das cintas da piñata e cairon os nosos desexos. cada neno/a colleu un.
Día da Paz 2010
Enviado por anaiglesiasiglesias o Ven, 01/29/2010 - 00:29O día 29 de Xaneiro, celebramos no cole, o
DÍA DA PAZ
esta ocasión fixemos un Xardín da Paz, de tulipáns, que os nenos gañaron facendo actividades de colaboración e solidaridade co resto do cole, como levar as caixas de lixo reciclado ao seu contenedor, limpar o patio, sacudir os borradores das outras aulas, ordear as bibliotecas de aula de E.I. , ou colaborar no adornado do cole para ese día .
Logo, xuntámonos todos para cantar a canción da paz:"Que vivan a paz e o amor" (podedes lela en eventos)