O MAGOSTO

Chegou o Outono coas súas cores, os froitos, as colleitas, o viño novo e as tradicións da estación. Unha destas celebracións é O Magosto. Festa de castañas,  brasas,  lume, cornetes de papel, cheiro a fume, estoupidos ao lume, sabor da terra ... O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.

Os maiores subimos camiñando, seguimos sendeiros polo monte e chegamos axiña á zona do Merendeiro. Os alumnos de infantil e os do primeiro ciclo desprazáronse en autobús.

Cando chegamos ao Merendeiro buscamos un lugar para construír as cabanas, agrupámonos para xogar, merendamos nos refuxios que fixemos con paus e probamos as castañas.  Aproveitamos as cinzas para pintar a cara! Que ben o pasamos!

P1120218_1.JPG

Magosto no Galiñeiro