O bosque dos nenos
En outubro do 2017 o 80% dos montes arderon e o monte Galiñeiro foi queimado.
A comunidade de Montes de Vincios como lembranza propuxo unha plantación de árbores autóctonas preto da area recreativa para colaborar entre todos a recuperar o monte. Os alumnos do centro participaron nesta iniciativa e a xornada foi moi especial!
Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.
Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros ...
Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!
Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes.