Actividades e Propostas

Unha viaxe polo mundo

O Polo Creativo do noso cole ponse en marcha e aínda que non o temos totalmente preparado os alumnos do 2º ciclo comezan os seus obradoiros de investigación para dar como producto final un telexornal moi especial.

Cos equipos informáticos fixemos a búsqueda de información

Elaboramos os complementos que levaríamos durante a gravación cos diferentes materiais e ferramentas

E por último empregamos os dispositivos móviles para realizar un video co chroma , se queredes ver o resultado final só tedes que clicar na imaxe.

 

Comezamos un novo proxecto

O pasado mes de xullo o noso centro foi un dos seleccionados no proxecto "Polos Creativos" e isto foi pistoletazo de saída para a transformación da aula de informática. As obras acontecidas ao longo dos meses e o equipamento recibido foi clave para crear un novo espazo onde os alumnos poden acudir para desenvolver as súas habilidades creativas, traballar en equipo... e lograr dunha maneira significativa a consecución das competencias do currículum.

Foi un duro traballo de planificación, selección e organización para crear un espazo unificado coa biblioteca creativa, dando paso a un aula na que estamos poñendo unha morea de ilusións

 

Benvidos a nova Aula Creativa do Serra!

Distribuir contido