LETRAS GALEGAS 2024
Este ano está dedicado á autora Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. Dentro do ámbito da poesía publicou os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004) e Papagaio (2006, póstumo) ademais de textos e colaboracións en diferentes medios, antoloxías, publicacións periódicas, revistas na web etc.
Este xoves 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega e que poden asistir as familias sobre as 12h.
Pinchade no cartel e podedes consultar o programa do Festival:
Nos seguintes vídeos podedes ver as diferentes actuacións do festival e a entrega dos premios da XXIX edición do Certame Literario da Xoaniña organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2024 Programa Letras Galegas.pdf | 171.22 KB |