Curso 2023-24
Votacións na aula creaativa
Enviado por admin o Mar, 02/27/2024 - 02:00Boas, amigos e amigas!
A pasada semana tiveron lugar no cole, ao igual que a fin de semana anterior na nosa comunidade autónoma, as eleccións!! Pero as nosas foron especiais, tivemos que escoller un nome para poñerlle á nosa aula creativa. Dúas semanas atras, os axudantes da biblioteca foron por todas as clases a contar como o íamos facer. Fixeron unha presentación na que nos contaron que íamos ter dúas semanas para votar nun buzón da entrada as nosas propostas de nomes, e de aí saíron 4 nomes moi chulos: Creatincios, Súperaula, Serralandia e Aula dos soños.
Unha vez tivemos as 4 propostas, chegaron as eleccións!! De novo, os axudantes de biblioteca tiveron un papel moi importante neste proceso. Conformáronse as mesas electorais, que estiveron formadas por un presidente ou presidenta, dous vogais e un axudante. En cada sesión acudíu un ciclo a votar, tendo dúas mesas nas que poderían exercer o seu dereito a votación.
Xa por último chegou o momento do reconto de votos, comprobando o censo electoral e as persoas que acudiron a votar. Foi unha xornada moi interesante e divertida na que gañou, por unha diferenza pequena de 9 votos... AULA DOS SOÑOS!
ENTROIDO 2024
Enviado por admin o Ven, 02/02/2024 - 13:06FESTIVAL DO ENTROIDO:
Moitas grazas ás familias por asistir un ano máis ao Festival do Entroido.
E como sempre, o alumnado disfrutou a tope.
Podedes ver aquí un resumo das fotos e vídeos das diferentes comparsas dos cursos.
Feliz Entroido!!!
FESTA DO ENTROIDO 2024 DA ANPA
Enviado por admin o Xov, 02/01/2024 - 14:34Estimadas familias:
O VENRES DÍA 9 de febreiro, a ANPA vai organizar unha festa de entroido no colexio. Teremos un desfile de disfraces con agasallos a todos os que queiran participar. Faremos varios xogos populares e queimaremos o meco como é tradicional (se o tempo acompaña). Para rematar teremos chocolate quente para o que é preciso que traiades a vosa taza.
Animádevos a participar!!!
A ANPA
CAMPAMENTOS A LANZADA
Enviado por admin o Mar, 01/30/2024 - 20:24Dende a ANPA informámosvos sobre os campamentos a realizar en A Lanzada:
DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024
Enviado por admin o Ven, 01/26/2024 - 15:39O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o día da Paz, fixemos unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou.
Con esta iniciativa pretendemos que cada familia patrocine os xogos, aportando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para donar ao banco de alimentos de Gondomar.
A AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA foron os encargados de colaborar e organizar a recollida.
Nos seguintes vídeos podedes apreciar a xornada dos xogos solidarios e a recollida dos alimentos por parte da AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA do colexio.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
DIVERTARDE CULTURAL
Enviado por admin o Xov, 01/18/2024 - 10:36Estimados pais e nais:
Dende a ANPA, coa colaboración da AVV Galiñeiro de Vincios, queremos convidarvos a pasar unha tarde divertida no Centro Cultural de Vincios. Nesta ocasión estaremos acompañados por Carla Muñoz, nai de un neno do noso cole e licenciada en Biblioteconomía, especializada en literatura infantil e promoción a lectura. É unha das fundadoras de "Donde viven los cuentos" espazo de aprendizaxe vivencial na natureza situado en Nigrán.
Con ela, poderemos disfrutar dunha tarde de contos que deixaran encantados os nenos e nenas, e os maiores tamén.
Con esta actividade damos comezo a "Divertarde cultural", un lugar de encontro de familias o último sábado de cada mes. Esperámosvos o sábado 27 as 17.00h no centro cultural.
Saúdos ANPA
CHARLAS PARA AS FAMILIAS
Enviado por admin o Mér, 01/17/2024 - 23:04Estimadas familias:
Deixámosvos información sobre algunhas charlas que seguro serán do voso interes.
Saúdos.
A ANPA
DEFICIENCIAS CENTRO
Enviado por admin o Mér, 01/10/2024 - 15:03Estimadas familias:
Queremos trasladarvos a nosa preocupación polo abandono da administración local, Concello de Gondomar, no tocante aos traballos de mantemento da escola, que legalmente lle corresponden. Tamén informarvos que na actualidade xa non hai conserxes en ningún centro educativo de Gondomar.
No seguinte documento, que podedes consultar, recóllense pormenorizadamente todas as deficiencias do centro ademais de explicar as consecuencias de non ter un conserxe no Centro. O documento foi enviado ao Concello de Gondomar o 20/10/2023 e, ao non obter resposta, foi novamente enviado o 10/01/2024 pero actualizado.
Son deficiencias que se veñen acumulando ao longo dos últimos anos e que, algunhas delas, comprometen a seguridade do alumnado. Desde 2015 pasaron polo posto de conserxe 13 persoas diferentes sen dedicación a tempo completo.
A ANPA xunto co Centro está traballando neste terreo para demandar esta figura imprescindible no Centro e todas as tarefas de mantemento que non se desenvolven dende hai tempo.
FESTIVAL NADAL 2023
Enviado por admin o Mér, 12/20/2023 - 14:49A postal de Nadal gañadora do Concurso 2023 foi a de MARA CASTRO GARRIDO, 5º EP
Parabéns, por crear esta fermosa postal!!!
Abaixo podedes veras fotos do gran traballo de tódolos nenos/as creando unhas postais incribles e os vídeos das panxoliñas dos diferentes cursos.
FELICES FESTAS!!!
Conmemoramos o 25 N
Enviado por admin o Sáb, 11/25/2023 - 02:00Como cada ano, segue a ser moi necesario non esquecer que aínda hai mulleres e nenas sufrindo situacións de maltrato e abusos por razóns de sexo, e, continúa a ser fundamental a implicación de todos e todas nós para loitar contra esta lacra.
Desta volta, a profe Lucía, compartiunos unha dura e moi emotiva historia real que tivo lugar na primeira metade do século XX, na República Dominicana baixo a dictadura de Rafael L. Trujillo, cuxas protagonistas foron as tres irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa Mirabal.
Estas tres mozas, "As Bolboretas", foron asasinadas, por orde do dictador Trujillo e como consecuencia dunha vinganza persoal, un 25 de Novembro de 1960. Por este motivo, para conmemorar a loita que emprenderon pola liberdade, as Nacións Unidas instituíu este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e tamén para seguir sendo conscientes de que, ao longo do mundo, moitas mulleres e nenas viven situacións de maltrato por ser mulleres, sen acceso, moitas veces, a educación, sanidade, xustiza, protección... en definitiva, sen dereito a unha vida digna e en liberdade.
Neste pequeno vídeo podes ver como vivimos a semana do 25 de Novembro no cole, descubrindo a sobrecolledora historia das Irmás Mirabal e cun obradoiro no que elaboramos Bolboretas para rendir a nosa humilde homenaxe as vítimas de violencia de xénero que, ao longo deste ano (ata a celebración deste obradoiro), foron asasinadas en España.