Curso 2023-24
OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA NO COLEXIO
Enviado por admin o Sáb, 11/25/2023 - 01:25Estimadas familias:
Dende a ANPA queremos convidarvos a pasar unha tarde de xogos de mesa en familia.
Ademais temos o pracer de poder contar con Andrea, da tenda Mini Monstros, que nos presentará varios xogos cos que pasar unha tarde moi divertida. As prazas serán limitadas e reservadas por orde de inscrición enviando un correo a anpa.santamarina@hotmail.com ata o 30 de novembro.
Terá lugar o venres 1 de decembro a partir das 17:00h e ata as 20:00h no noso colexio.
Podedes acompañarnos á hora que poidades dentro dese horario.
É obrigatorio que todos os pequenos/as veñan acompañados como mínimo de un adulto.
Animádevos!
Un saúdo,
A ANPA
CHARLA SOBRE TRASTORNOS DE CONDUTA ALIMENTARIA NA ADOLESCENCIA
Enviado por admin o Xov, 11/23/2023 - 10:38MAGOSTO 2023
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2023 - 02:00Outro ano máis celebramos o magosto cun día na natureza no Monte Galiñeiro.
O día comeza cunha camiñata ata o lugar de encontro e logo roca repoñer forzas cunhas ricas castañas asadas por Pablo.
Nos diferentes blogues de ciclos atoparedes imaxes deste día tan marabilloso
ESCOLA TALLER SOBRE O BO TRATO E AS RELACIÓNS PERSOAIS
Enviado por admin o Mér, 11/08/2023 - 14:23SAMAÍN 2023: CESTAS DE OUTONO
Enviado por riveraalen o Mér, 11/08/2023 - 13:56Como todos os anos, as vosas cestas de outono deixáronnos abraiados!
Podedes desfrutar da exposición de cestas deste ano no seguinte vídeo.
SAMAÍN 2023: A FESTA DAS CABAZAS
Enviado por riveraalen o Lun, 11/06/2023 - 13:41O DÍA 31 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O SAMAÍN COA EXPOSICIÓN DAS VOSAS CABAZAS
QUE, COMO CADA ANO, ENCANDEÁRONNOS!
PARA TREMER DE MEDO!!