Navega con rumbo

Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 11 de febreiro de 2015 estivo no noso colexio Marisé, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º e  6º cursos de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

Balor na acción dunha cadeira

Esta semana estréase no Teatro Colón da Coruña a obra "Balor na acción dunha cadeira", dirixida por Roi Fernández. A obra lembra a emigración sadense en Nova York, a orixe da "Sociedad Sada y Contornos" e do noso centro. Xosé Alonso, bisavó de Roi, foi un dos sadenses que formaron parte de "Sada y sus Contornos" en Nova York. Roi recibe unha vella película procedente de New York. Na lata, únicamente unha etiqueta: "Sociedad Sada y Contornos, 1920". A mesma sociedade de emigrantes á que pertencía o seu bisavó...

Os alumnos de 5º e 6º de primaria van asistir á representación o venres 6 de febreiro nunha función dirixida aos escolares. Ese mesmo día e o sábado 7, ás 20,30 horas, haberá dúas funcións máis para o público en xeral, ás que animamos a asistir a toda a comunidade educativa.

Máis información: Balor na acción dunha cadeira 

Xornada de portas abertas

 

O vindeiro mércores 21 de xaneiro está prevista unha xornada de portas abertas a partir das 18 horas. Convídase ás familias dos alumnos e aos veciños e veciñas de Sada a visitar as novas instalacións coas que conta o noso centro, despois do remate das obras que permiten contar cun novo aulario.

A Xornada realízase a iniciativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Concello de Sada, ANPA As Mariñas e o Colexio. Está previsto que asistan o Xefe Territorial da Consellería, D. Indalecio Cabana, o Alcalde de Sada, D. Ernesto Anido, así como integrantes da Corporación Municipal e tamén as familias e exalumnos que tanto ansiaron esta ampliación. Esperamos poder disfrutar duns momentos entrañables con todos eles.

Sada a 19 de xaneiro de 2015.

Chegou o Nadal

Chegou o Nadal e con el remata a nosa estadía no Albergue da Marina. Hoxe despedímonos con festas, xogos, cine e visita dos Reis Magos. No noso colexio remataron as obras e xa está agardando por nós.

Noelada

Hoxe apareceu o Albergue invadido de mamás e papás noeles. Grandes, pequenos, medianos,... Conseguimos retratalos pero había tantos que ata a cámara se mareou de tantas fotos e algúns saíron borrosos. Fixádevos ben porque algúns parecían coñecidos...

Entrega de agasallos da biblioteca

Continuando co proxecto da Biblioteca: "ILLA FANTASÍA", e co estandar de promocionar a lectura e a escritura, este venres 28 de novembro tivemos a visita do Alcalde de Sada, Ernesto Anido, que respondeu a diversas preguntas sobre a importancia de saber escribir e ler.

Aproveitando a súa visita ,fixo entrega xunto con  persoal da biblioteca municipal, duns agasallos ao alumnado participante neste proxecto.

Desde aqui, o equipo de biblioteca, felicita a todo o alumnado pola  particicipación nesta actividade e en especial aos "blogueiros", rapaces/as  de 6º e 5º, que  fan un bo uso do blogue

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ELECTAS

Proclamación de candidatos electos.

a) Representantes dos pais

Despois do escrutinio realizado pola Mesa electoral para elección dos representantes dos paiS proclámase como candidatos electos ao Consello Escolar:

-D. Manuel Fernández Arrojo

-Da. Ana Lucía González Castro

-D. Miguel Agrelo Suárez

b) Representantes do profesorado 

Do resultado da votación para a elección dos representantes do profesorado celebrada en Claustro extraordinario proclámanse como candidatos electos para cubrir os dous postos correspondentes a esta renovación, segundo acta remitida a esta Xunta Electoral:

-Da. Oliva Blanco Díez

-Da. Esperanza Arias Ferreiro

En terceiro lugar proclámase a: 

-Da. Mª Luisa Ricoy Lamas

Esta última cubrirá un posto vacantes no sector do profesorado que quedou sen cubrir por falta de candidatos na elección realizada no ano 2012 e con mandato ata a próxima renovación no ano 2016. 

Representante do persoal de administración e servizos

Como representante do persoal de administración e servizos, segundo acta remitida a esta Xunta Electoral:

-Da. Patricia Lobato Álvarez

Representante do Concello de Sada

Como representante do Concello de Sada, foi designada:

-Da. Soraya Salorio Porral.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes  das nais e pais e 2 dos profesores no Consello Escolar do centro e o representante do persoal de administración e servizos. A Xunta Electoral reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 6 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e da sala de profesores respectivamente.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

Impreso para presentación de candidatura

Impreso para reclamación ao censo

18 DE NOVEMBRO

-Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,...

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 16,30 horas na entrada do Albergue, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais

25 DE NOVEMBRO

-Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no Albergue de 16,30 a 18,30 horas.

Sada a 5 de novembro de 2014.

Distribuir contido