ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral. Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 dos profesores no Consello Escolar do centro e o representante do persoal de administración e servizos. A Xunta Electoral reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral: DO 6 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive) -Exposición dos censos electorais de nais e pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e da sala de profesores respectivamente. -Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas. Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro. Impreso para presentación de candidatura Impreso para reclamación ao censo 18 DE NOVEMBRO -Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,... -Publicación de candidaturas. -Publicación definitiva do censo electoral. -Sorteo público, ás 16,30 horas na entrada do Albergue, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais 25 DE NOVEMBRO -Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no Albergue de 16,30 a 18,30 horas. Sada a 5 de novembro de 2014. |