Comedor: circulares, menú,...
MENÚ COMEDOR ESCOLAR 2024 2025
Enviado por admin o Lun, 16/09/2024 - 19:49O número de teléfono para contactar co persoal do servizo de comedor do centro é o 699 01 46 62, estará dispoñible para deixar avisos por Whatssap. No caso de necesitar falar por teléfono o horario é de 13:15 a 13:30. Durante o servizo de comedor non se atenderá o teléfono.
Para contactar coa empresa responsable do servizo e trasladar calquera incidencia, por exemplo cambios na dieta, está dispoñible o seguinte correo electrónico: info@arumeservicios.es
CURSO 2024 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por admin o Lun, 15/07/2024 - 08:44Está publicada a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de comedor para o curso 2024 2025 na páxina web do concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025, no taboleiro da OMIX e no taboleiro interior do centro.
Todas as solicitudes presentadas están admitidas a excepción de 5 que están pendente de subsanación. Prazo subsanación: 5 días naturais a partir do día seguinte a da publicación desta listaxe na web municipal. A documentación requirida para subsanar debe ser aportada a través do rexistro (presencial ou sede electrónica).
A listaxe definitiva publicarase proximamente na páxina web do concello, polo que as persoas interesadas deberán estar pendentes da mesma.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Aquí toda a información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso. O prazo de inscripción é ata o 31 de Xullo. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres. Formulario de inscrición.
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 2025
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 11:48Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025 toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2024 2025, na mesma poden atopar o impreso de solicitude, as bases da convocatoria e outra documentación de interese.
Haberá dous prazos diferenciados para presentar as solicitudes:
- Prazo I para o alumnado que xa conste matriculado no centro actualmente: do 27 de maio ao 14 de xuño (inclusive).
- Prazo II para o alumnado de novo ingreso no centro: Do 20 de xuño ao 1 de xullo (inclusive).
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS
Enviado por admin o Lun, 24/07/2023 - 14:18Está dispoñible na páxina web do Concello de Sada a listaxe provisional do comedor escolar para o curso 2023 2024.
https://www.sada.gal/comedor-en-el-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024
Tamén está dispoñible a información para realizar as posibles alegacións.
O número de prazas o vindeiro curso será de 75.
A listaxe definitiva publicarase na páxina web do Concello de Sada a comezos do mes de agosto.
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024
Enviado por admin o Dom, 18/06/2023 - 14:32Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedor-no-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024 toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2023 2024:
• Criterios de solicitude de admisión.
• Tarifas do comedor.
• Ficha de inscrición.
O prazo de entrega da documentación é desde hoxe, día 19 de xuño, ata o luns, día 17 de xullo de 2023. A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.
INICIO DO CURSO 2022 2023
Enviado por admin o Xov, 01/09/2022 - 13:43As clases inicianse o xoves 8 de setembro.
Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):
- Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
- Só as familias do alumnado de EI poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.
Acceso do alumnado de Educación Primaria aquí Acceso do alumnado de Educación infantil aquí
Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):
- 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas (ver aquí).
- 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro para recoller ao alumnado na zona de cor sinalada neste mapa.
- 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores seguindo o recollido nesta imaxe.
- O alumnado sairá de clase en orde de lista.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 3º B, 5º e 6º de EP.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 3º A e 4º de EP.
- Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.
Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 8 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.
Recoméndase que todas as familias usuarias do servizo de comedor instalen a APP Colechef.
Están convocadas as seguintes reunións:
- Luns 5 de setembro:
- Ás 11:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
- Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria.
- Ás 13:00 horas coas familias usuarias do servizo de comedor.
- Martes 6 de setembro ás 13:00 horas. Familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
Horario de secretaría:
- Ata o comezo das clases: de 9 a 10:00 horas (previa cita).
- A partir do 8 de setembro: De 09:00 a 09:45 horas (previa cita).
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2022 2023. Aquí dispoñen de toda a información.
COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022 2023
Enviado por admin o Xov, 23/06/2022 - 08:17Comeza o período de inscrición no servizo de comedor e de madrugadores do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2022-2023. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada que trasladou ao centro a seguinte información:
O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022. A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.
Información na páxina web do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedores-escolares-sada-curso-2022-2023
COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: INFORMACIÓNS SOBRE O COMEDOR E MADRUGADORES
Enviado por admin o Xov, 09/09/2021 - 07:44Toda a información referida ao comedor escolar e o servizo de madrugadores no curso 2021 2022 estará dispoñible na páxina web do Concello no seguinte enlace:
https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares
As comunicacións para o desconto do día non hai que facelas ao centro, O Concello informará aos usuarios do servizo do procedemento a seguir.
As familias si teñen que comunicar ao titor/a (a través do correo proporcionado por este/a) do neno/a que este/a non acudirá ao comedor para que o mestre/a da última hora sitúe ao neno/a na fila de saída co resto de compañeiros/as.
COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Mar, 07/09/2021 - 20:31A empresa responsable do servizo de comedor comunicou que este comezará o xoves 9 de setembro e o de madrugadores o venres 10.
COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: RESOLUCIÓN PROVISIONAL
Enviado por admin o Ven, 27/08/2021 - 13:10O Concello de Sada publicou no día de hoxe na súa páxina web https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares a seguinte información relacionada co comedor escolar e o servizo de madrugadores para o curso 2021 2022:
- SOLICITUDES ADMITIDAS COMEDOR ESCOLAR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- LISTA DE AGARDA DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES PROVISIONAIS SERVIZO DE MADRUGADORES CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS PENDENTES DE SUBSANACIÓN
Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com