Animación á lectura
Día do Libro e SadaDona: Mercado solidario a favor de Médicos Sen Fronteiras
Enviado por admin o Xov, 25/04/2024 - 09:35Para conmemorar o Día do Libro realizamos unhas lecturas compartidas entre todo o alumnado do centro. Ademais tivo lugar o mercado solidario de libros en favor de Médicos Sen Fronteiras, SadaDona. A cantidade de diñeiro recadado ascendeu a 382 euros. Grazas a todos e todas pola vosa participación!
Tarabelo nas ondas do mes de abril
Lecturas compartidas
SadaDona
Proxecto colaborativo SadaDona
Contacontos do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo
Enviado por admin o Dom, 07/05/2023 - 19:53O pasado venres, día 5 de maio, o alumnado de Oratoria de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo acudiu ao noso centro para realizar unha actividade de contacontos cos nenos e nenas de 6º de EI, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Fixérono moi ben e pasámolo xenial, estamos desexando repetir a experiencia.
Padriños lectores e madriñas lectoras
Enviado por admin o Ven, 28/04/2023 - 13:39Programa Cans e letras
Enviado por admin o Xov, 20/04/2023 - 17:05Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela Nora para disfrutar da lectura compartida.
Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal, do seu traballo e puidemos saludala.
Clica na imaxe para ver as fotos da xornada.
O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!
Moitas grazas a Laura e Nora (R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros)
O Concello de Sada asume o custo deste programa.
ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA
Enviado por admin o Ven, 24/03/2023 - 22:39O pasado venres, día 24 de marzo, unha representación do noso centro acudiu a Santiago de Compostela ao acto de entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía. O noso centro foi premiado na categoría A, centros de Educación Infantil e Primaria, polo proxecto realizado o curso pasado Ama con Corazón.
O premio é produto do esforzo e da ilusión de toda a nosa Comunidade Educativa e unha motivación para continuar co noso traballo.
Nenos e nenas do noso colexio encargáronse de compartir cos asistentes o proxecto premiado. Parabéns polo ben que o fixestes!
Clica para ver as fotos
Vídeo da exposición do proxecto
Vídeo resumo do acto
Presentación do proxecto
PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL
Enviado por admin o Ven, 24/02/2023 - 20:37A Coordinadora Galega de ONGD publicou o pasado 21 de febreiro a Resolución definitiva da Segunda edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Na mesma, a nosa escola foi premiada na Categoría A (Educación Infantil e Educación Primaria) polo noso proxecto Feirón Ama con Corazón realizado durante o curso 2021 2022.
Información no Portal da Consellería de Educación https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37847 e na páxina dos organizadores https://galiciasolidaria.org/ii-edicion-premio-galego-educacion/
FEIRÓN AMA CON CORAZÓN
Enviado por admin o Mér, 01/06/2022 - 12:24No día de hoxe celebramos o Ferión Ama con no que o alumnado dos diferentes cursos compartiu con toda a nosa Comunidade Educativa os produtos elaborados durante este curso.
Foi un éxito de participación e todos os nenos e nenas, familias e profesorado gozamos cunha gran xornada de conviencia.
A recaudación final ascendeu a 2.100 euros e será doada, ao igual que todos os alimentos recollidos, a Cáritas e Cruz Vermella de Sada.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 08:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
Padriños lectores
Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 15:45- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »