Animación á lectura
Día do Libro. Entrega de premios.
Enviado por admin o Mér, 22/06/2016 - 07:32
A Concelleira de Eucación procedeu á entrega de premios do concurso convocado pola Concellerá de Educación con motivo do Día do Libro. Cecilia, de 2º curso de Primaria, foi a gañadora absoluta do concurso e Johana, de 3º, a gañadora do noso centro. Ámbalas dúas recibiron un lote de libros e para o colexio unha tableta. Noraboa ás dúas. |
Día do Libro. Concurso do Concello de Sada: Sada Lee
Enviado por admin o Mér, 13/04/2016 - 11:23
O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Para conmemorar esta data a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada organiza un concurso dirixido ás comunidades educativas dos centros escolares do municipio e ás súas familias. Anímase a todos a participar nel |
Entrega de agasallos da biblioteca
Enviado por admin o Lun, 01/12/2014 - 20:04
Continuando co proxecto da Biblioteca: "ILLA FANTASÍA", e co estandar de promocionar a lectura e a escritura, este venres 28 de novembro tivemos a visita do Alcalde de Sada, Ernesto Anido, que respondeu a diversas preguntas sobre a importancia de saber escribir e ler. Aproveitando a súa visita ,fixo entrega xunto con persoal da biblioteca municipal, duns agasallos ao alumnado participante neste proxecto. Desde aqui, o equipo de biblioteca, felicita a todo o alumnado pola particicipación nesta actividade e en especial aos "blogueiros", rapaces/as de 6º e 5º, que fan un bo uso do blogue |
Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal.
Enviado por admin o Mar, 18/03/2014 - 20:37
Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colabora coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio. Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil. |
Neverland na biblioteca
Enviado por admin o Mér, 02/10/2013 - 19:00
Onte os nenos e nenas de 6º realizaron a presentación do novo proxecto do equipo de biblioteca que ten como tema principal Neverland. Parabéns polo traballo realizado.
|
Que me contas?
Enviado por admin o Ven, 25/01/2013 - 12:55
Todos o venres, no recreo, contan un conto na biblioteca. Hoxe Lúa, Antón e Javier contáronnos "O pequeno Yared". Se queres escoitar contos non perdas esta cita tódolos venres. E... se queres contar contos apúntate na biblioteca. Para seguir os contos que se van leendo visita o blogue da biblioteca. |
Lecturas recomendadas
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 12:47Desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recoméndase libros para regalar neste Nadal aos nenos e nenas do colexio. Unha carta urxente para os Reis Magos contén todas as recomendacións para fomentar a lectura. |
Para visualizar e descargar a carta pica aquí. |
Día da biblioteca: "A biblioteca, xardín onde florecen as palabras".
Enviado por admin o Mér, 24/10/2012 - 21:46
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. No CEIP Sada y sus Contornos os alumnos de 6º curso de primaria ofreceron unha representación ao resto dos nenos e nenas do colexio: “Corre corre, cabaciña”.Todos os nenos e nenas do colexio recibiron unha flor cunha mensaxe “A biblioteca, xardín onde florecen as palabras”. |