Novas

Google Workspace for Education

No CEIP Sada y sus Contornos utilizamos Google Workspace for Education, un conxunto de ferramentas  de produtividade de google destinadas ao ensino, entre as que se inclúen Gmail, Calendar, Drive  e Documentos, Classroom etc. 

Crearemos unha conta para cada alumno/a, que se proporciona ao seu pai/nai/titor/a, para comunicarse co profesorado, realizartarefas e adquirir destrezas propias da cidadanía dixital do século XXI. As contas de Google Workspace for Education para Centros Educativos son proporcionadas co obxecto de apoiar as funcións de todo o persoal docente e do alumnado no CEIP Sada y sus Contornos conforme ao acordo establecido con Google ao activar o dominio sadaycontornos.es en Google Workspace for Education, que é un conxunto de solucións de software que Google ofrece gratuitamente aos centros  educativos baixo o modelo de computación na nube (Aplicacións como Servizo).

A diferenza das contas que ofrece Google, os servizos baixo o dominio do centro educativo (sadaycontornos.es) son servizos administrados polo CEIP Sada y sus Contornos.

As contas creadas polo centro atópanse baixo a plataforma dotada por Google Workspace for Education, que inclúe os seguintes Servizos Principais

O conxunto de aplicacións principais de Google Workspace for Education descríbese aquí.

O centro de privacidade e seguridade de Google Workspace for Education proporciona información adicional https://edu.google.com/why-google/privacy-security/  https://workspace.google.com/intl/es/terms/education_privacy/

Preguntas e respostas frecuentes sobre Google for Education:  https://edu.google.com/intl/ALL_es/why-google/privacy-security/frequently-asked-questions/

 

Charla para as familias sobre o uso responsable das TIC

En colaboración coa ANPA As Mariñas e o CFR de A Coruña, o xoves 23 de maio tivo lugar unha charla sobre o “Uso responsable das Tic”. Esta foi impartida por Miriam Otero Requeijo, licenciada en psicoloxía e especialista en prevención en condutas aditivas. Durante a mesma abordáronse distintas cuestións relacionadas co uso do móbil, as redes sociais, os videoxogos e proporcionou algunhas claves para previr os riscos cando os nenos/as usan estes dispositivos.

Programa Navega con Rumbo

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou nunha charla dentro do Programa Navega con Rumbo, promovido pola Consellería Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, co obxectivo de favorecer o uso responsable de internet entre o alumnado, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e as redes sociais.

 

Guía para as familias

Guía para o alumnado

 

REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES

Publicouse a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de 4 de xaneiro de 2024

Plan Director de Convivencia: Charla uso de internet, redes sociais e videoxogos

Entre as actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais,  dentro do Plan Director de Conviencia, o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou en unha charla sobre o uso seguro de internet, as redes sociais e os videoxogos. A sesión formativa estivo impartida por Fernando, experto da Garda Civil nestas cuestións.

  

  

 

Día da Internet Segura

O 6 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura ou o Safer Internet Day #SID2024. O Día da Internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na Internet en Europa, co apoio da Comisión Europea.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) https://www.incibe.es/eventos/sid únese á iniciativa internacional e celebra o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.

O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:

• Taller en liña para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria: Respecto e res-ponsabilidade na internet.

• Taller en liña para alumnado de 5º e 6º de educación primaria: Protexe os teus dispositivos: aprende a realizar configuracións seguras.

Os talleres consistiron nunha actividade práctica por parte de cada alumno/a, e despois  unha dinámica gamificada con todas as persoas participantes.

Clica na imaxe paa ver a fotos 

Vídeo resumo da Día da Internet Segura 2023 

E-DIXGAL 2023 2024

Un novo curso o alumnado de 5º e 6º de educación primaria forma parte do Proxecto E-Dixgal. 

As aulas destes cursos dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet, a través das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Para acceder a plataforma, e desenvolver as actividades educativas, o alumnado participante no proxecto ten dereito a un netbook (ordenador portátil) na modalidade de cesión de uso, unicamente para uso persoal e educativo. 

As familias que o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e asfamilias poden realizar a contratación a través do número de teléfono 881 505 136.

Folleto E-DIXGAL 23-24

Coberturas do servizo integral de reparacións

Navega con Rumbo

O Programa Navega con Rumbo ten como obxectivo favorecer o uso responsable de internet entre o alumnado, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e as redes sociais mediante charlas informativas que aborden o uso positivo da rede e proporcionar estratexias para previlos.

Dentro deste programa visitou o centro Rubén que explicou ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria algúns dos peligros de internet e mostrounos algunha práctica que debemos de ter en conta á hora de facer uso desta ferramenta.

Día da Internet Segura

O 7 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura  baixo o lema nesta edición ‘Xuntos por unha Internet mellor" https://www.incibe.es/sid

Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade organizan en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF)  talleres en liña interactivos co obxectivo de axudar ao alumnado para desenvolver as súas competencias dixitais para aprender a realizar un uso seguro e responsable da internet. O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:

•Taller en liña para alumnado de 6 a 8 anos: “Crea o teu contrasinal secreto”.

•Taller en liña para alumnado de 9 a 12 anos: “Detecta a fraude en videoxogos”.

Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  

Distribuir contido