Día da Internet Segura
O 6 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura ou o Safer Internet Day #SID2024. O Día da Internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na Internet en Europa, co apoio da Comisión Europea.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) https://www.incibe.es/eventos/sid únese á iniciativa internacional e celebra o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.
O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:
• Taller en liña para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria: Respecto e res-ponsabilidade na internet.
• Taller en liña para alumnado de 5º e 6º de educación primaria: Protexe os teus dispositivos: aprende a realizar configuracións seguras.
Os talleres consistiron nunha actividade práctica por parte de cada alumno/a, e despois unha dinámica gamificada con todas as persoas participantes.
Clica na imaxe paa ver a fotos
Vídeo resumo da Día da Internet Segura 2023