Novas

ENTREGA DO PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega do premio Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras https://primaveradasletras.gal/concurso.

A Real Academia Galega premiou os traballos do Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña), do CEIP A Espiñeira-Aldán (Cangas) e do noso centro.

Durante o curso pasado realizamos distintas iniciativas encamiñadas ao coñecemento da figura e da obra da autora nas que todo o centro participou activamente: cómics, programa do Tarabelo nas ondas, actividades de robótica, murais, obradoiros, dípticos sobra a súa vida e obra. Por último celebramos o noso tradicional festival das Letras Galegas nos que fixemos bailes, cancións e obras de teatro. Entre elas unha adaptación de ‘Violino, inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta’, a historia escrita por Ana María Fernández e Xoán Babarro para Primavera das Letras. A primeira representación teatral desta obra fixémola con motivo da presentación da última edición deste espazo dixital da Academia que o noso centro tivo a honra de poñer en marcha.

Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por este recoñecemento.

Proximamente o vídeo do acto. Fai clic na imaxe para ver as fotos do acto.

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA AO CENTRO

O noso centro é un dos tres gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras.

Canto á entrega dos galardóns, a Real Academia Galega ten previsto realizala nun acto público o vindeiro mes de outubro na Coruña. Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por esta distinción.

Programa Educando na Biosfera: Cestería con papel

O alumnado de 6º curso de educación primaria participou, dentro do Programa educativo “Educando na Biosfera” da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na actividade cestería con papel, na que elaboraron unha pequena cestiña reutilizando papel de periódico.

Festival Letras Galegas

Hoxe celebramos o Festival das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. Gozamos con todas as actuacións que deixaron constancia do gran traballo realizado polo alumnado e profesorado. Cancións, bailes, obras de teatro e sobre todo moito orgullo pola nosa lingua.

Tarabelo na Ondas Letras Galegas

Fai clic na imaxe para ver as fotos da xornada

Programa Educando na Biosfera: Eco-xogos

Os nenos e nenas de 6º de educación primaria participaron, dentro do programa Educando na Biosfera, na actividade Eco-xogos. Nela realizaron unha sesión lúdica educativa na que xogaron e coñeceron unha gran variedade de xogos elaborados ben con elementos naturais ou de refugallo.

    

 

 

Letras Galegas: Obradoiros sobre Luísa Villalta coa escritora Eva Teixeiro

Dentro das actividades programadas polo centro para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta, o alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria  participou nus obradoiros coa escritora Eva Teixeiro sobre a figura da homenaxeada.

Estes obradoiros, non só achegaron a figura da profesora, poeta, música, ensaísta, tradutora e narradora galega, mais tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta como ensaísta, articulista, poeta, narradora, dramaturga...

A actividade foi promovida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a través da colaboración coa Deputación da Coruña.

Programa Educando na Biosfera: A maxia da compostaxe

A compostaxe convirte un residuo nun valioso recurso. A través dunha dinámica amena e participativa o alumando de 4º de ducación primaria realizou unha actividade de separación da materia orgánica,  para coñecer que podemos e non podemos utilizar para facer compost.

A actividade forma parte do Programa Educando na Biosfera e contou coa participación e colaboración de Down Coruña.

Fai clic na imaxe para ver as fotos da actividade

 

Educando na Biosfera: taller de elaboración de refuxios de fauna últil

O alumnado de 5º de educación primaria realizou, dentro do programa Educando na Biosfera, un taller de elaboración de refuxios de fauna últil.  O obxectivo da actividade é fomentar a biodiversidade na contorna mediante a elaboración de diferentes refuxios para fauna útil. En pequenos grupos elaboramos as nosas propias caixas niño coa axuda de monitores especializados, para levar o fomento da biodiversidade á práctica.

  

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, aquí tedes unha pequena selección de poemas da autora máis representativa da nosa lingua recitados polo alumnado de educación primaria.

Especial O Tarabelo nas Ondas Día de Rosalía

 1º de educación primaria

2º de educación primaria

3º de educación primaria

4º A de educación primaria

4º B de educación primaria

5º de educación primaria 

 

6º de educación primaria

PRIMAVERA DAS LETRAS: LUÍSA VILLALTA

A Real Academia Galega escolleu á nosa escola  para a presentación da edición deste ano do proxecto Primavera das Letras, a páxina web da RAG para achegar ao público infantil á figura que cada ano protagoniza o Día das Letras Galegas, no 2024 Luísa Villalta. A institución presenta cada edición da man da comunidade educativa dun colexio relacionado dalgún xeito coa personalidade homenaxeada,  foi en Sada onde Luísa Villalta exerceu máis tempo como profesora (no IES Isaac Díaz Pardo).

O acto que estivo conducido pola escritora Fina Casalderrey, contou coa presenza do Presidente da Real Academia Galega, de Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta e representantes do concello de Sada: o seu alcalde, a concelleira de Deporte, Educación e Xuventude e o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística. Todas e todos gozamos coa obra de teatro baseada na vida de Luísa Villalta (creada por Xoán Babarro e Ana María Fernández) que o alumnado de 6º de educación primaria do noso centro interpretou. Tamén contamos cun pequeno recitado poético por parte de alumnado do IES Isaac Díaz Pardo.

PÁXINA WEB DA PRIMAVERA DAS LETRAS DEDICADA A LUÍSA VILLALTA

 

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

 Vídeo do acto

 

Distribuir contido