Novas
Nace un novo blogue: O tarabelo
Enviado por admin o Mér, 27/09/2017 - 20:45O tarabelo é o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Clicade no seu enlace e seguide as súas novas:
Actividade intercentros: O libro viaxeiro de Illa Fantasía.
Enviado por admin o Xov, 01/06/2017 - 07:47Os nenos e nenas do noso cole particpamos na elaboración do libro viaxeiro de Illa Fantasía. Tamén participan a Escola de Canoedo, o CEIP Pedro Barrié de la Maza, o CEIP O Mosteirón, o CEIP Sofía Casanpova de Culleredo e o CEIP Vales Villamarín de Betanzos.
Clica na imaxe para a ver as páxinas que fixo o noso colexio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Enviado por admin o Mar, 16/05/2017 - 15:59O rap de Carlos Casares
Enviado por admin o Mar, 16/05/2017 - 07:40Día do Libro: A curuxa Catuxa visita o noso cole
Enviado por admin o Sáb, 01/04/2017 - 07:55Festa do Entroido
Enviado por admin o Ven, 03/03/2017 - 12:54Este ano celebramos o Entroido pequeno en Illa Fantasía cun grande baile que todos os anos se organiza no Castelo do Gobernador.
Damas e cabaleiros, trasnos e fadas, piratas, sereas,quenllas, cabaliños de mar, mouchos e curuxas, magos… todos estaban invitados….todos agás as bruxas…que sempre tentan “fastidiar” a festa…mais iso é outra historia…..
Agradecemos a colaboración de Carlos Fernández que nos fixo un magnífico vídeo do Festival.
Picade na imaxe se queredes ver as fotografías.
A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo
Enviado por admin o Xov, 02/03/2017 - 20:40A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Sada, leva a cabo a campaña "Coa lingua fóra" para a promoción e fomento da Lingua Galega. Dentro desta campaña os alumnos de 1º, 2º e 3º cursos de Primaria asistiron á representación da compañía teatral Duende Sico "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo".
"O primeiro día de clase, a mestra dona Tomasa díxolles aos seus alumnos que ela sempre trataba a todos por igual, que non tiña preferencias nin tampouco maltrataba nin desprezaba a ninguén. Axiña comprendeu o difícil que lle ía a resultar cumprir as súas palabras. Tivera alumnos difíciles, pero ninguén como Pedrito.
Chegaba ao colexio sucio, non facía as tarefas, pasaba todo o tempo molestando ou dormitando, era unha verdadeira dor de cabeza. Un día non aguantou xa máis e dirixiuse á dirección..."
Clique na imaxe para ver as fotos da actividade.
Día de Rosalía
Enviado por admin o Ven, 24/02/2017 - 21:24O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano, por iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, todos o nenos e nenas do colexio fixemos un vídeo cun poema da cantante Uxía: "Rosalía pequeniña".
Esperamos que vos guste e que vos anime a falar na nosa lingua igual que fixo Rosalía.
A Real Academia Galega tamén rendeu a súa homenaxe a Rosalía.
Nubes de palabras do Entroido
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 10:22Animación á lectura: O cociñeiro Martiño
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 22:20No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.
O cociñeiro Martiño estivo coas nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria na biblioteca do noso colexio.
Picando na imaxe pódense ver as fotografías de Martiño.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »