Novas

Os nosos bosques

 

O vindeiro 21 de marzo chega a primavera e celebramos tamén o Día Internacional dos Bosques.
Os Bolechas ensináronnos esta semana a importancia de reciclar. Debemos estar concienciados con este tema e actuar en consecuencia para protexer a nosa natureza e o noso planeta.
Tamén debemos protexer os nosos bosques con accións tan sinxelas coma non deixar un papel  ou un cristal alí tirado cando imos pasar un día en familia nunha contorna tan maravillosa. Ás veces pensamos que non podemos facer nada, pero si. Toda acción, por pequena que sexa, é un grao de area para protexelos.
Durante esta semana escoitaremos no centro un trozo dunha canción do grupo galego Migallas adicada a unha árbore moi especial para nós: O carballo.

Os Bolechas son "Electrecos"

O xoves 14 de marzo tivemos a visita dos Bolechas convertidos nos "Electrecos" que son superheroes que trataron de concienciar aos nen@s sobre a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos e electrónicos(RAEE). Pasárono moi ben e xa teñen o seu carné de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

Educando na Biosfera: Os incendios forestais.

Dentro do programa Educativo  "Educando na Biosfera", da Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" e o Concello de Sada, tivo lugar una actividade sobre os incendios forestais.

Axentes ambientais da Consellería de Medio Rural explicáronlles aos alumnos de 5º e 6º cursos de Primaria os efectos que causan os incendios forestais no medio natural e os medios cos que contan para combatelos.

Despois mostraron o equipamento co que contan para a extinción dos incendios xunto co Servizo de Emerxencias Municipal de Sada.

Un Entroido de cine

O venres 1 de marzo celebramos un Entroido de cine. Actuamos na Casa da Cultura de Sada. Houbo tanta afluencia de público que tivemos que facer dous pases. Foi un éxito total e pasámolo moi ben.

Se queredes podedes ver o vídeo da nosa actuación.

E aquí podedes ver imaxes da actuación e da festa que fixemos

               

Xoguetes para a igualdade

Xoguetes para a igualdade

Achégase unha época na que os nenos e nenas son os protagonistas nas nosas casas, e con  eles os xoguetes que tanta ilusión lles fan.
Os nosos amigos/as Os Bolechas queren darnos uns consellos para que eses xoguetes axuden a fomentar a igualdade entre todos nós.
Pinchade na imaxe para velos en grande.

    

Samaín de cine

Celebramaos un Samaín de cine. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca organizan a proxección de varios curtametraxes "de medo".

Para ver as fotos da actividade clica na imaxe.

 

Día das Letras Galegas: Mª Victoria Moreno

Fixemos unha colección de carteis e un caderno de actividades para lembrar a vida e obra de Mª Victoria Moreno, a  autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega no Día das Letras Galegas.

No Tarabelo tedes máis información.

Énchese a maleta de Rosalía!

No día de hoxe comezamos a xornada escoitando a canción de "Rosalía Pequeniña" e recordando a esta autora tan importante na historia da literatura galega.

Durante toda a semana fixemos distintos diseños e así hoxe estamos acabando de encher a maleta de Rosalía de Castro cos seus poemas e outros novos que creamos nós mesmos.

Se pinchades no seguinte enlace poderedes ir vendo e escoitando tódalas obras de arte.

Libros para soñar

Sara e Alex viñeron a visitarnos ao noso Colexio desde o lugar onde se fabrican os libros para soñar.

Álex é músico e anda cunha chea de instrumentos. É capaz de inventar ou de atopar as melodías que mellor lle acaen ás palabras que saen dos contos. O seu instrumento favorito ten un fol moi grande que estira e encolle, encolle e estira. Sabedes cal é?  A ver quen o adiviña! 

A Sara encántalle ler, por iso coñece moitos contos. Algúns lévaos na maleta para poder compartilos con vós. É o que máis lle gusta! 

Estivemos moi atentos e gozamos xuntos dunha mañá fantástica na que espertaron a nosa imaxinación. 

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Magosto, Samaín e Halloween

Clica na imaxe para ves as fotos da festa do Magosto, Samaín e Halloween

 

 

Distribuir contido