Festa do Samaín, Magosto e Halloween
Enviado por admin o Mér, 30/10/2024 - 10:01Día de festa e de diversión coa celebración do Magosto, Samaín e Halloween. Disfraces terroríficos, cabazas, castañas, música e moita diversión.
Tarabelo nas ondas especial magosto
Cabazas
Photocall
Festa
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 29/10/2024 - 08:32O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.
Durante os meses de outubro e novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais) e 3 do profesorado no Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral, reunida o 28 de outubro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:
DO 30 DE OUTUBRO AO 6 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)
-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.
Impreso para presentar relamacións ao censo.
-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 6 ás 14:00 horas.
Impreso para presentación de candidatura.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.
11 DE NOVEMBRO
Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:
-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.
-Publicación de candidaturas.
-Publicación definitiva do censo electoral.
-Sorteo público, na entrada do centro para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais.
19 DE NOVEMBRO
Votacións.
ENTREGA DO PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
Enviado por admin o Mar, 22/10/2024 - 12:34No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega do premio Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras https://primaveradasletras.gal/concurso.
A Real Academia Galega premiou os traballos do Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña), do CEIP A Espiñeira-Aldán (Cangas) e do noso centro.
Durante o curso pasado realizamos distintas iniciativas encamiñadas ao coñecemento da figura e da obra da autora nas que todo o centro participou activamente: cómics, programa do Tarabelo nas ondas, actividades de robótica, murais, obradoiros, dípticos sobra a súa vida e obra. Por último celebramos o noso tradicional festival das Letras Galegas nos que fixemos bailes, cancións e obras de teatro. Entre elas unha adaptación de ‘Violino, inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta’, a historia escrita por Ana María Fernández e Xoán Babarro para Primavera das Letras. A primeira representación teatral desta obra fixémola con motivo da presentación da última edición deste espazo dixital da Academia que o noso centro tivo a honra de poñer en marcha.
Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por este recoñecemento.
Proximamente o vídeo do acto. Fai clic na imaxe para ver as fotos do acto.
Proxecto SadaBona 23-24: As pastas dentais chegan a Senegal
Enviado por admin o Xov, 19/09/2024 - 07:34Durante o curso 2023 2024 o noso centro desenvolveu o Proxecto SadaBona que, entre outras actuacións, implicou a colaboración con distintas ONG.
O 2º ciclo de educación primaria organizou unha iniciativa solidaria de colaboración coa ONG África Sawabona, https://www.africasawabona.org/quienes_somos/ que consistiu na recollida de pastas dentais. Aquí toda a información.
As responsables da ONG África Sawabona remitiron o vídeo coa chegada das pastas dentais a Senegal. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA AO CENTRO
Enviado por admin o Xov, 12/09/2024 - 09:00O noso centro é un dos tres gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras.
Canto á entrega dos galardóns, a Real Academia Galega ten previsto realizala nun acto público o vindeiro mes de outubro na Coruña. Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por esta distinción.
INICIO DO CURSO 2024 2025
Enviado por admin o Ven, 30/08/2024 - 18:37As clases comezarán o mércores 11 de setembro.
Están convocadas as seguintes reunións:
- Xoves 5 de setembro:
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Primaria.
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
- Ás 13 horas coas familias de 4º de Educación Inffantil.
Horario de secretaría: De 09:00 a 09:45 horas.
Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):
- Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
- Só as familias do alumnado de educación infantil poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria accederá pola porta B. O alumnado de educación infantil terá os mesmos accesos do curso pasado.
Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):
- 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas.
- 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro pola porta B para recoller ao alumnado. As familias de 2º esperarán no corredor lateral do centro a que o alumnado de 1º sexa recollido. Despois aproximaranse á porta para recoller aos nenos e nenas.
- 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores. 3º, 4º B e 5º A na porta B. 4º A, 5º B e 6º na porta principal.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 4º A, 5º B e 6º de EP.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 4º B, 3º e 5º A de EP.
- O alumnado sairá de clase en orde de lista.
- Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.
Camiño Escolar Seguro: Está previsto que comece o seu funcionamento a finais do mes de setembro (remitirase comunicación ás familias).
Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 11 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2024 2025. Aquí dispoñen de toda a información.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA
Aquí está dispoñible toda a información das mesmas (tamén dispoñible no apartado da ANPA da web). Proximamente a ANPA comunicará a súa organización definitiva.
CURSO 2024 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por admin o Lun, 15/07/2024 - 08:44Está publicada a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de comedor para o curso 2024 2025 na páxina web do concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025, no taboleiro da OMIX e no taboleiro interior do centro.
Todas as solicitudes presentadas están admitidas a excepción de 5 que están pendente de subsanación. Prazo subsanación: 5 días naturais a partir do día seguinte a da publicación desta listaxe na web municipal. A documentación requirida para subsanar debe ser aportada a través do rexistro (presencial ou sede electrónica).
A listaxe definitiva publicarase proximamente na páxina web do concello, polo que as persoas interesadas deberán estar pendentes da mesma.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Aquí toda a información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso. O prazo de inscripción é ata o 31 de Xullo. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres. Formulario de inscrición.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 03/07/2024 - 08:05Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.
** As familias tamén deben adquirir o Activity Book de inglés.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Xov, 27/06/2024 - 13:32Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.
Cumprindo coa lexislación vixente as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A partir do luns, día 1 de xullo, as familias poderán pasar a recoller os vales das axudas para a adquisición dos libros e para material escolar.
Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.
GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 12:06Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura o acto homenaxe ao alumnado que remata 6º de educación primaria. Estes 9 anos pasaron moi rápido e sen darnos conta chegou o momento da súa partida ao IES. Foi un acto moi emotivo no que alumnado, profesorado e familias gozamos con todo o que aconteceu. Moita sorte a todos e todas e que os vosos soños fáganse realidade. Grazas a Rolando, pai de Pablo de 6º, por encargarse de realizar as fotos.
Programa do Tarabelo nas ondas fin de curso
Clica na imaxe para ver as fotos
Vídeo homenaxe
Vídeo do acto
Fotos Rolando