PROXECTO CRE-ARTE: ESCULTURA

Neste segundo trimestre dedicamos o noso Proxecto Cre-Arte á escultura. Grazas a el enchemos as salas do noso museo de moitas composicións artísticas que nós mesmos creamos: cerámicas de Sargadelos, creacións tecnolóxicas, corpos xeométricos, composicións con papel e plastilina, material de refugallo, modelaxe en arxila e moitas máis obras produto da nosa creatividade e imaxinación.

Hoxe e onte dedicámonos a visitar as salas que os nosos compañeiros e compañeiras crearon e quedamos encantados con todo o que vimos. 

Clica na imaxe para ver unha pequena parte de todo o que fixemos.

 

Vídeo resumo da actividade

    

Presentacións Educación Infantil 

Presentacións 1º e 2º Educación Primaria

Presentacións 3º e 4º Educación Primaria

5º e 6º Educación Primaria

Concerto Animalada de Cé Orquestra Pantasta

Para despedir este 2º trimestre asistimos ao concerto Animalada, de Cé Orquestra Pantasma. Bailamos, saltamos e pásamolo moi ben ao ritmo das divertidas historias de distintos animais.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos.

ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA

O pasado venres, día 24 de marzo, unha representación do noso centro acudiu a Santiago de Compostela ao acto de entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía. O noso centro foi premiado na categoría A, centros de Educación Infantil e Primaria, polo proxecto realizado o curso pasado Ama con Corazón.

O premio é produto do esforzo e da ilusión de toda a nosa Comunidade Educativa e unha motivación para continuar co noso traballo.

Nenos e nenas do noso colexio encargáronse de compartir cos asistentes o proxecto premiado. Parabéns polo ben que o fixestes!

Clica para ver as fotos

 Vídeo da exposición do proxecto

Vídeo resumo do acto

   

Presentación do proxecto

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: SOLICITUDES ADMITIDAS

Infórmase ás familias que presentaron solicitudes de praza para o curso 2023 2024 que todas foron admitidas e non é preciso presentar ningunha documentación adicional.

O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Programa Educando na Biosfera: Debuxando a natureza con Suso Cubeiro

O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou no taller “debuxando a natureza” impartido polo ilustrado Suso Cubeiro.

A actividade, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, pretendía a través das artes plásticas, acercar a biodiversidade presente na Reserva de Biosfera ao alumnado e a ameaza que supoñen as especies invasoras. 

A actividade foi gratuíta, subvencionada polo Concello de Sada a través do programa educativo “Educando na Biosfera”.

https://www.marinasbetanzos.gal/educacion-programa-educando-na-biosafera

Imaxes da actividade 6º EP

 

Imaxes da actividade 5º EP

RECOÑECEMENTO DE CRUZ VERMELLA SADA AO NOSO CENTRO

O pasado venres, día 10 de marzo, ás 20:00 horas tivo lugar a presentación da memoria anual de Cruz Vermella Sada. 

Durante o acto compartiuse cos asistentes as actuacións realizadas durante o ano 2022 e entregáronse diplomas de recoñecemento ás entidades, organismos ou personas que colaboraron con eles.

O noso centro foi un dos agraciados con esta distinción polas seguintes actuacións realizadas:

  • Limpeza da praia de Sada (alumnado de 3º e 4º de educación primaria).
  • Obradoiros de primeiros auxilios (todo o profesorado do centro e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria).
  • Recollida solidaria de alimentos en Nadal.
  • Feirón Ama con Corazón: doazón de alimentos e diñeiro recaudado (2.100 euros que se repartiron entre Cáritas e Cruz Vermella).

Agradecer a Cruz Vermella Sada esta distinción e trasladarlles o noso recoñecemento pola gran labor que realizan no noso Concello e por estar sempre preto de quen máis o necesita.

Programa Educando na Biosfera: visita á fábrica de cerámicas O Castro

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, dentro do Programa Educando na Biosfera organizado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e polo Concello e Sada, visitou a fábrica de cerámicas O Castro - Sargadelos, na que coñeceron as diferentes etapas do proceso produtivo dunha cerámica que conta con máis de 200 anos de tradición. Ademais, cada neno e nena elaborou e decorou a súa propia peza de cerámica.

Clica nas imaxes para ver as fotos

5º EP

6º EP

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado que está actualmente matriculado no centro non ten que realizar ningún trámite xa que ten garantida a reserva de praza.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – ANEXO II (Documento: ED550B que inclúe o ANEXO II-bis)
  • Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno/a. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnado.

Orde de admisión de alumnado.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/24.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Información ANPA

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

A Coordinadora Galega de ONGD publicou o pasado 21 de febreiro a Resolución definitiva da Segunda edición do Premio Galego de  Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten  unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Na mesma, a nosa escola foi premiada na Categoría A (Educación Infantil e Educación Primaria) polo noso proxecto Feirón Ama con Corazón realizado durante o curso 2021 2022.

Información no Portal da Consellería de Educación https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37847 e na páxina dos organizadores https://galiciasolidaria.org/ii-edicion-premio-galego-educacion/

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 29 da Orde de 21 de outubro de 2022, a dirección do IES Isaac Díaz Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2023-2024.

Distribuir contido