Subvención do Concello de Sada
Enviado por admin o Lun, 19/12/2022 - 09:00O Concello de Sada subvenciona con 3.00 euros os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento.
“Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP SADA E CONTORNOS, para financiar actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento, segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2022”.
Durante o ano 2022, os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000€.
O que se informa para xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.
Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Enviado por admin o Ven, 02/12/2022 - 17:27O día 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante toda está semana realizaremos distintas actividades encamiñadas a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible.
O pasado mércores, día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación primaria recibiu a visita dos usuarios de ASPACE, grazas aos cales coñecimos en que consiste a parálise cerebral, as finalidades desta Asociación e todas as actividades que realizan.
Clica na imaxe para ver as fotos deste día
Hoxe celebramos a Carreira ENKI, unha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.
Clica na imaxe para ver as fotos da Carreira ENKI
25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Enviado por admin o Ven, 25/11/2022 - 13:33No día de hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun acto colectivo que puxo colofón a todas as actividades que realizamos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres e da importancia de alcanzar unha igualdade total. Que ninguén prenda as túas ás!
Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos deste día
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA CURSO 22 23
Enviado por admin o Mér, 23/11/2022 - 08:39Está publicada na web do Concello de Sada a convocatoria de axudas económicas para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.
As bases atópanse no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na web do Concello de Sada:
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 08/11/2022 - 09:31O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.
Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 do profesorado no Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral, reunida o 7 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:
DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)
-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.
Impreso para presentar relamacións ao censo.
-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas.
Impreso para presentación de candidatura.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.
21 DE NOVEMBRO
Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:
-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.
-Publicación de candidaturas.
-Publicación definitiva do censo electoral.
-Sorteo público, na entrada do centro para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais.
29 DE NOVEMBRO
Votacións.
Samaín, Magosto e Halloween
Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 12:45Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas aos titores/as de 5º de EP
Enviado por admin o Mér, 19/10/2022 - 09:32AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Dom, 16/10/2022 - 20:35No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
As familias beneficiarias poden pasar a partir de mañá pola Secretaría do centro en horario de 09:00 a 09:45 a recoller o vale. No caso de que acuda unha persoa distinta da beneficiaria é preciso presentar unha autorización.
O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
Día Mundial da Parálise Cerebral: Actividade de Boccia con ASPACE
Enviado por admin o Mér, 05/10/2022 - 16:50Coincidindo co Día Mundial da Parálise Cerebral que se conmemora no día de hoxe, 6 de outubro, o alumnado de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade lúdica e de sensibilización denominada Boccia.
A Boccia é un xogo deseñado para persoas con discapacidade, inspirado no xogo de orixe italiana bocce ou bochas, de onde toma o seu nome, e aceptado como deporte paralímpico desde 1984. https://www.paralimpicos.es/deportes-paralimpicos/boccia
A actividade contou coa supervisión e participación de persoal técnico e membros de ASPACE ("Asociación de Pais e Nais de Persoas con Parálise Cerebral de A Coruña). https://www.aspacecoruna.org/mision_ga.html
Clica na imaxe para ver as fotos desta xornada
Programa DIGITALWEEK: Participación alumnado 6º de Educación Primaria
Enviado por admin o Lun, 26/09/2022 - 21:03No día de onte, 26 de setembro, publicouse no portal educativo a Resolución definitiva da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38030 na que o noso centro é un dos incluídos.
O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as suas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais. Así mesmo, contará con actividades accións formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á sua etapa educativa.
A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo, do 9 ao 15 de outubro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »