RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.

** As familias tamén deben adquirir o Activity Book de inglés.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025

Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.

Cumprindo coa lexislación vixente as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A partir do luns, día 1 de xullo, as familias poderán pasar a recoller os vales das axudas para a adquisición dos libros e para material escolar.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura o acto homenaxe ao alumnado que remata 6º de educación primaria. Estes 9 anos pasaron moi rápido e sen darnos conta chegou o momento da súa partida ao IES. Foi un acto moi emotivo no que alumnado, profesorado e familias gozamos con todo o que aconteceu. Moita sorte a todos e todas e que os vosos soños fáganse realidade. Grazas a Rolando, pai de Pablo de 6º, por encargarse de realizar as fotos.

Programa do Tarabelo nas ondas fin de curso

Clica na imaxe para ver as fotos

Vídeo homenaxe

 Vídeo do acto

Fotos Rolando

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe tivo lugar o acto de graduación do alumnado que remata 6º de educación infantil. Gozamos coas actuación dos nenos e nenas de 4º e 5º de EI e cos consellos e recomendacións que lles deron os seus compañeiros/as de 1º de educación primaria. Parabéns polo traballo realizado nestes anos, agora comezan unha nova etapa na que seguirán contando co apoio de todos e todas os que formamos parte desta Comunidade Educativa.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

PROXECTO SADABONA: XORNADA DE CONVIVENCIA

Durante o presente curso escolar o noso centro desenvolveu o Proxecto SadaBona, derivado da palabra africana Sawabona, que significa: respéctote, valórote, ti es importante.
O proxecto tivo como eixo a interculturalidade, co obxectivo de fomentar o respecto á diversidade de culturas e incidir na convivencia pacífica entre elas. Ademais, coa finalidade de impulsar a aprendizaxe servizo realizamos distintas colaboracións con ONG: Aldeas Infantís, Médicos sen Fronteiras, África Sawabona, Camiña Nepal e tamén con Cruz Vermella.
Como actividade final de proxecto realizamos unha xornada festiva de convivencia na que familias, alumnado e profesorado gozamos nun circuítos con xogos populares, paracaídas, cooperativos... Como acto final tivemos un concerto de Cé Orquestra Pantasma no que bailamos, saltamos, rimos e sobre todo pasámolo moi ben.

A ANPA As Mariñas encargouse de aportar unhas deliciosas empanadillas, arepas, froita e auga.

Moitas grazas a todos e todas polo voso entusiasmo, a vosa ilusión e por axudar a fortalecer os nosos lazos. Foi unha gran xornada de festa e convivencia.

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

                          

                                 

Vídeo da xornada

Plan Director de Convivencia: Educación Vial

Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou en unha charla sobre Educación Vial. Posteriormente realizou un circuíto nas pistas polideportivas do Paseo Marítimo de Sada co obxectivo de que se fagan responsables da súa conduta e comproben a importancia de respectar as normas viarias. Esta actividade contou coa colaboración de Deport Ocio que aportou os kart cos que o alumnado realizou a actividade. Moitas grazas a Manolo, responsable da empresa, pola súa colaboración co centro.

Esta actividade inclúese dentro da posta en marcha do Camiño Escolar seguro do noso centro.

  

Nos blog de aula podedes ver as imaxes da actividade.

 

PROXECTO ANCAS: REUNIÓN NO CONCELLO DE SADA

Responsables de Stop Accidentes e unha representación do alumnado do noso centro mantivo unha reunión co alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Educación, Rebeca Mouriño. Na mesa trasladaron a análise realizada dos distintos percorridos para poñer en marcha o Camiño Escolar Seguro, as deficiencias atopadas e as propostas de actuacións a realizar.

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 2025

Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025  toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2024 2025, na mesma poden atopar o impreso de solicitude, as bases da convocatoria e outra documentación de interese.

Haberá dous prazos diferenciados para presentar as solicitudes:

  • Prazo I para o alumnado que xa conste matriculado no centro actualmente: do 27 de maio ao 14 de xuño (inclusive).
  • Prazo II para o alumnado de novo ingreso no centro: Do 20 de xuño ao 1 de xullo (inclusive).

 

Distribuir contido