RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025
Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.
Cumprindo coa lexislación vixente as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A partir do luns, día 1 de xullo, as familias poderán pasar a recoller os vales das axudas para a adquisición dos libros e para material escolar.
Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.